top of page

Dálle outra oportunidade á roupa que xa non usas

Nesta práctica presento unha proposta de póster infográfico como anuncio dun mercadillo de roupa de segunda man.

O traballo pretende informar sobre o evento pero tamén explicar á xente os beneficios de mercar roupa usada.


Para a elaboración da práctica, empreguei a ferramenta Canva. Resultoume bastante útil para este tipo de traballo, xa que considero que é unha das aplicacións máis sinxelas e intuitivas.

Porén, atopei dificultades no proceso.

En primeiro lugar, o intento de crear un póster a modo de anuncio, que informara e atraera visualmente ao mesmo tempo.

A escolla de tipografías, cores e elementos tamén foron un obstáculo, debido ao fondo que decidín empregar, con moitas cores, o cal quería que destacase pero sen opacar todo o demais, o cal arranxei empregando fondos brancos a modo de contraste.

Outro problema foron as marxes e distancias entre elementos xa que, nun principio, non eran iguais e tiven problemas para organizar todo nun espazo en branco, debido a todas as formas que quería empregar.

Por último, intentei crear un logotipo co meu nome, como se fose a marca da tenda que promociona o evento. Nunca fixera un, así que o resultado non é o mellor, pero a intención é o que conta :)



1 comentario


De forma xeral hai un moi bo traballo de cores, aínda que hai que recoñecer que o punto de partida era complexo debido á riqueza cromática do fondo. Con todo, consegues solucionalo moi ben co branco e o negro.


O principal punto de atención tería que ser a posición dos bloques "Aforra diñeiro" e "Apoia o comercio local", que teñen un aliñamento un chisco diferente aos anteriores, máis metido para dentro. Ademais, seguramente habería que revisar ese "organizado por", xa que a súa lectura pode ser algo complexa ao estar en vertical. Seguramente sería máis convinte aproveitar ese espazo que queda sobre o teu logo para introducir esa información.


Ben traballado!

Me gusta
bottom of page