Destinos turísticos na Estrada
- Mateo Alvarellos Docampo
- 22 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Para facer este traballo o primeiro que me veu á cabeza foi o meu concello, un dos máis atractivos de Galiza. Ao poñerme a pensar en distintos sitios turísticos deime conta de que se podía facer unha boa infografía cos principais e máis destacados.
Así, decidín recoller os sete máis importantes neste imaxe na que empreguei as cores que ten o escudo do concello, para darlle un toque máis local.

A cor está ben traballada e o formato elixido funciona ben. Onde temos que facer axustes sería, fundamentalmente, en dous puntos. O primeiro deles é a posición dos elementos. Se te fixas, hai bloques nos que o texto está tocando co límite da peza, polo que aí podemos ter problemas de lectura ou mesmo de impresión, de ser o caso.
Tamén no relativo á construción da infografía, fíxate en que o último bloque non ten contido e, ao mesmo tempo, a infografía está sen asinar. E dentro de cada un dos bloques tamén tocaría revisar os axustes de posición dos elementos. Nalgúns o texto está moi cerca do título e noutros está máis lonxe. Aquí habería que tomar unha decisión…