Descubrindo Os Ancares
- Paula Alvarez
- 8 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Poucas das persoas que pasan por Galicia marchan sen visitar Os Ancares. Situados na zona oriental da provincia de Lugo, destacan polos seus inmensos montes infinitos que bordean toda esta comarca. O aire que se respira, as vistas de película, os sons da natureza...todas as súas características fan desta serra un verdadeiro espectáculo para os sentidos.
Neste mapa intentei recoller todos aqueles espazos, tanto naturais como arquitectónicos, máis emblemáticos de Os Ancares. O principal obxectivo é que sirva de guía para aquelas persoas que os queiran visitar; e non só para orientarse, senón para coñecer xa un pouco o que van visitar antes de chegar a él. Por iso decidín poñer unha pequena lenda explicando se ese lugar é unha edificación ou un espazo natural, e engadir tamén unha breve explicación sobre a historia e a ubicación de cada un dos puntos.
En canto ás dificultades, teño que dicir que para min o peor foi coñecer o funcionamento desta ferramenta. No sentido de que a veces desaparecíanme os iconos ou non me funcionaban, e era porque estaba facendo algo mal. Neste sentido, considero que tamén é difícil xogar cos tamaños para que todo cadre e non se solape a información; ese é posiblemente outro dos aspectos máis complicado, atopar a correcta disposición dos elementos. Con todo, unha vez me fun familiarizando con ela resultoume doado chegar ao proxecto final, tendo en conta que se trata dun proxecto que require dedicarlle moito tempo.
Agora, unha vez rematado, engadir que estou satisfeita co resultado. Principalmente porque considero que se trata dun traballo que podería ser de gran axuda para calquera turista que se achegue a Os Ancares.
Pois realmente está case perfecto. Digo case porque o único que faltaría por facer é poñer a autoría deste traballo tan ben executado! Está ben programado e moi ben abordado tanto no terreo visual coma no do contido. Ademais, consegues xogar moi ben e de xeito creativo coa presentación das imaxes dentro das ventás emerxentes, así que só me queda darche a noraboa. Moi ben traballado!