top of page

Descubre A Fonsagrada a través da súa historia

A Fonsagrada, situada na Montaña Lucense, é un destino rodeado de natureza que cada vez conta con máis visitas debido ao seu encanto e a outros factores como poden ser a súa gastronomía ou os seus festivais de música tradicional.


Malia iso, poucos son os visitantes que coñecen a historia de cada un dos seus recunchos máis destacados (recordemos que estamos ante un dos concellos máis extensos de toda España), polo que considero necesario crear un elemento visual que sirva de guía a todas aquelas persoas que queiran coñecer de cheo A Fonsagrada.

Así, escollín os 20 puntos máis relevantes para coñecer a historia do Concello (resaltando os máis coñecidos) e engadín a ligazón para acceder de xeito directo á súa ubicación con Google Maps, a ferramenta máis empregada nestes casos.


Neste caso, a maior dificultade que tiven foi a relacionada coas iconas da lenda, xa que non houbo forma de poder ver as que nun primeira momento escollera.




1 comentario


Hai unha boa programación, sen erros e un bo emprego dos recursos visuais. O contido é rico, aínda que nos quedaría un pouco de marxe para a elaboración dalgúns bloques "rápidos" con información ou datos deses que se aportan nun par de palabras e que poden se comúns a todos os elementos, un pouco tipo tarxeta. Iso si, tamén faltaría por asinar o traballo. É unha mágoa non sabe quen está detrás deste mapa tan bo! Noraboa!

Me gusta
bottom of page