¿Cómo identificar y combatir la ludopatía?
- Manuel García
- 1 nov 2022
- 1 Min. de lectura
A idea principal da miña infografía é recoller os principais síntomas da adicción ao xogo (expostos na propia páxina web do Ministerio de Consumo) e as dúas das principais formas de combatila. A infografía está pensada para ser un banner que apareza nas webs das casas de apostas a modo de campaña de prevención impulsada polo Ministerio de Consumo.
O traballo está realizado en Canva xa que é unha ferramenta que xa usara e coa que me resulta doado traballar. En canto ás dificultades coas que me atopei á hora de realizala, debo resaltar, en primeiro lugar, a cantidade de texto que empreguei. O tema escollido era difícil de trasladar a unha infografía escribindo pouco texto, polo que intentei resolver a situación a través da estrutura de titular + corpo, facendo que a infografía se comprenda só lendo os diferentes titulares e iconos.
Por outra parte, a cor que empreguei é o amarelo, que é coa que se identifica o Ministerio e que, en certa forma me limitou á hora de empregar outras cores para os diferentes elementos (o texto, os iconos...) polo que optei pola cor negra para o texto para facilitar, entre outras cousas, a lexibilidade.
A nivel de presentación apostas pola sinxeleza, algo que neste caso funciona moi ben. A gama de cores elixida traballa correctamente e, ademais, conecta coa liña de estilo que marcas.
Tocaría, iso si, facer algunhas revisións no relativo á posición dos elementos nalgúns deses bloques de texto, especialmente no relativo aos seus títulos. Hai algúns como "Terapia cognitiva conductual" nos que ese salto de liña provoca un espazo moi grande cara a zona dereita. Aquí traballar cun pouco menos de tamaño neses elementos axudaría a unha maior claridade interna neles e tamén un maior contraste (un salto de tamaño máis grande) con respecto a eses títulos de sección.
Pero, bueno, son axustes básicos que se poden abordar con facilidade. Ben…