Como está distribuida a población en España?
- Adrián Valiño Rodríguez
- 9 nov 2022
- 1 Min. de lectura
En España hai unha población moi variada dependendo de cada Comunidade Autónoma. As hai poco poboadas como Cantabria ou sobre poboadas como Madrid. Isto por suposto tamén inflúe na calidade de vida ou no apartado cultural de cada comunidade, así como a economía ou as oportunidades laborais. É importante comprender que debido a súa división, España é un país tremendamente multicultura, incluso con varias linguas. Con este traballo pretendo reflexar as diferencias demográficas do noso territorio nacional, e tamén ensinar curiosidades como en Madrid, estando lonxe de ser unha das Comunidades con mais metros cadrados, é unha das mais poboadas polo mero feito de ubicarse na parte central de España e ser a capital.
1 e 2. Táboa e Gráfico: O primeiro ensina as cifras cun aspecto serio e formal, pero no gráfico pode observarse, grazas as barras de animación, coma a diferencia entre Barcelona, Madrid e Andalucía co resto de comunidades é unha barbaridade. Creo que funciona ben para comprender isto.
3. Mapa: Neste exemplo, en caso de haber dúbidas, si que queda completamente claro un dos problemas de España, coñecido mediaticamente e popularmente como a "España vaciada". Só hay que fixarse nas Castelas ou en Cantabria para comprender isto. Tamén hai que mencionar que nada ten que ver o ritmo de vida destas comunidades cos das punteiras demográficamente hablando.
Material usado:
O traballo cos datos é correcto, aínda que queda algo de traballo por facer en varias frontes.
En primeiro lugar, tocaría adecuar a cor entre os tres materiais. Aínda que todos se moven en verde, cada un vai "un pouco polo seu lado". Ademais, coidado cos textos en verde claro sobe fondo branco, tal e como sucede no encabezamento da táboa.
Falta tamén un pouco máis de traballo nos subtítulos dos materiais, que non están. É útil empregar estes elementos, pois serven de captación da atención e tamén de punto para a explicación.
Tocaría tamén axustar o idioma do layout de traballo, para pasar do inglés ao galego. Tamén no terreo do idioma, fíxate en que no mapa comezas nun…