Como estiveron os campings españois en agosto de 2021 e 2022?
- M VL
- 24 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Para o segundo traballo, recollín diferentes tipos de datos sobre os campings en España: o número de establecementos abertos no país (cun mapa que amosa as frecuencias coa gradación de cor), o número de viaxeiros que houbo (cunha táboa) e a duración media das estadías nos campings (cunha gráfica de barras horizontal).
Decidín empregar a cor verde porque me evocaba varios aspectos relacionados co tema (camping = natureza, e ademáis a asociación co verán), ademais de non ser unha cor agresiva e de que non se ve mal con distintos tipos de daltonismo.
Elexín este tema porque me parecía interesante e porque había bastante información ao respecto, aínda que non é algo no que sexa experta. Non sería a miña primeira opción. Un dos maiores problemas que tiven foi para atopar distintos tipos de datos que encaixasen ben uns con outros; ademais, xa tiña listas varias táboas cando me din conta de que había que utilizar distintas fontes, e tiven que refacer os gráficos. Pero ao final quedoume máis completo e puiden revisar ben as cousas.
Outro problema, en menor medida, foi á hora de meter os datos numéricos nas táboas, sobre todo porque ás veces a configuración non os collía ben, e cambiaba as comas e os puntos. Ao final logrei resolvelo ben.
Nas táboas do INE non aparecen recollidos os datos de Ceuta e Melilla; isto aparece especificado nas táboas, xa que non o atopei en ningunha das fontes nas que busquei.
Anexo aquí as táboas que empreguei. Son todas do INE.
Campings en España
En 2022 houbo bastante boom no turismo, tras 2 anos de restricións por mor da pandemia. Dentro deste sector, os campings non son a opción máis popular, pero aínda así se notou un crecemento dende 2021 (cando todavía había restricións, aínda que non o confinamento como en 2020) ata 2022, cando o clima estaba xa máis distendido.
Primeiro, para ter unha cifra de referencia, cómpre coñecer a oferta actual de campings en España.
Por estes campings pasou unha cifra notoria de viaxeiros, bastante maior en 2022 que en 2021. En número de viaxeiros, destacan a afluencia en Castilla-La Mancha en 2021 e en Cataluña en 2022.
As persoas que pernoctaron e permaneceron nos campings estiveron unha media de 5 días en 2021 e algo máis de 5 días en 2022. E a duración da estadía non está directamente relacionada co número de viaxeiros nin co número de establecementos: Murcia, por exemplo, ten unha das estadías máis longas, malia ser unha das comunidades que menos viaxeiros recibiu e menos campings ten.
A nivel de cor e de estilo hai unha moi boa sintonía entre os tres materiais.
O mapa é claro e a escala de cor funciona correctamente para advertir as diferenzas entre territorios. Hai unha certa edición da ventá emerxente, aínda que o espazo para a mellora ou o enriquecemento do traballo viría por aí, pois o resto de elementos están moi ben conseguidos.
O gráfico ten un erro que comentamos varias veces na clase. Cando traballamos con totais, o total nacional adoita xerar circunstancias como a que se dá no teu gráfico, que non é outra que o feito de que o total é xigantesco comparado coas súas partes. Aquí a solución é sinxela, e é prescindir dese total…