Cal é o tipo de migración máis á moda entre os europeos?
- laurafernandezalon0
- 23 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Para a última práctica de laboratorio decidín traballar co tema relacionado coa migración interior (a que se realiza dentro dun mesmo país), chegando ata a comunitaria e extracomunitaria no caso de Europa.
Para esto último empreguei o gráfico de xerarquía partindo de datos do Eurostat sobre a estrutura de migración por país de nacemento nalgúns dos países europeos durante o ano 2019. Finalmente, entre todos eles, decanteime por unha selección de 10 que considerei máis relevantes para comparar coa situación de España.
A continuación, adxunto os datos empregados para dito gráfico:
Xa no gráfico de dispersión, optei por seleccionar datos do INE relativos á migración interior da poboación española (saldo de variacións residenciais), centrándome na variación e comparación entre os anos 2001, 2011 e 2021 (os últimos completos).
A continuación, deixo os datos empregados para este gráfico:
No gráfico de xerarquía atopei moitos problemas á hora de colocar os decimais para as porcentaxes, xa que tiña colocada a coma (,) correctamente e á hora de visualizala esta non aparecía, polo que tampouco se amasaban os decimais. É por iso polo que, finalmente, tiven que optar por separar os decimais con punto (.).
O gráfico de xerarquía está perfecto e non hai absolutamente nada que dicir sobre el. Poderíase valorar a inclusión dun filtro, pero o certo é que o xeito no que están dispostos os datos fai que funcione á perfección tal e como está.
En canto ao de dispersión, está ben traballado no terreo visual e tamén no terreo dos datos. Quedaría certa marxe para enriquecer un chisco máis a ventá emerxente, pero o presentado é correcto. Iso si, habería que facer un axuste no formato de presentación das cifras (agora está en inglés e con comas) para que coincida co que é habitual en galego. Fóra diso, perfecto!