top of page

Bandeiras Azuis en Galicia en 2022

O obxectivo desta práctica era reflectir as bandeiras azuis que hai na comunidade autónoma de Galicia, xa que atópase o récord do municipio con máis praias azuis: Sanxenxo. Nos mapas pode observarse o número de bandeiras azuis que teñen os municipios galegos incluídas dúas praias fluviais: a de Ponte Caldelas e a de As Pontes.

Un dos problemas que me dou esta práctica foi que os datos (atopados nos datos abertos do Goberno) non eran numéricos, polo que tiven que facer eu varias contas no Excel. Ademais, no momento de facer o mapa queda un pouco baleiro nas zonas do interior, pero se intentaba sacar isto quedaban algúns concellos frotando na nada.

En canto ás prácticas, a parte dos mapas, xa mencionados anteriormente; no gráfico podemos ver as bandeiras azuis na provincia de Pontevedra, seleccionei isto debido a que nesta provincia atópanse o maior número de bandeiras azuis: Vigo e Sanxenxo. Por outro lado, a táboa reflicte todos os concellos, divididos por provincias, que teñen este símbolo, destacando en cada provincia o municipio con maior número de bandeiras: Foz en Lugo, Arteixo na Coruña e Sanxenxo en Pontevedra.




Os resultados son os seguintes:

Mapas:


Táboa:

Gráfico:



1 comentario


Os tres materiais están perfectos no relativo ao traballo cos datos e tamén á elección dos elementos gráficos necesarios para a súa presentación.


O(s) mapa(s) están perfectamente construídos e moi ben traballados na parte da edición das ventás emerxentes. Neles só sinalo dúas cousas moi pequenas. Fíxate que o "e" de cando hai varias praias aparece en maiúscula e tamén que a escala de cor non é un degradado contínuo. No mapa coroplético fai pequenos saltos que habería que axustar para ir de máis suave a máis intenso.


O gráfico e a táboa están ben elixidos e ben construídos. Iso si, faltaría axustar un chisco a escala de cor entre os tres materiais. Aínda que van en azuis, non se…

Me gusta
bottom of page