As salas de concertos en España
- Andrea López
- 6 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Nesta segunda práctica quíxenme centrar máis no sector cultural, sobre todo o musical. A pandemia tivo un gran impacto tanto nos artistas coma nas salas onde estes tocaban, mais quíxenme centrar máis na recuperación deste sector dende o ano 2020.
Algúns dos problemas que puiden ter foron a elección de cores, cómo colocalos e, sobre todo, volver a atopar os datos.
O traballo cos datos é bo e a súa representación é correcta, seleccionando formas que nos serven para o que se busca. Iso si, habería que afinar un pouco máis a gama cromática, xa que o mapa vai un pouco por libre con respecto á táboa e o gráfico.
No gráfico estamos ante un deses casos nos que axudaría retirar o total, pois está facendo moito máis pequenos os datos de todo o resto de sitios. Se falamos de taxas ou porcentaxes podemos conservalo, xa que nos serve para comparar as partes co todo. Neste caso as partes entran a formar parte dese todo e presentar o total fai que queden moito máis pequenas.
No relativo ao mapa, hai unha…