As persoas sen fogar en España
- Cristina Pérez Santos
- 9 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Para esta segunda práctica decidín centrarme nun tema que fose sinxelo recompilar datos.
O número de persoas sen fogar en España aumentou ata un 25% nos últimos 10 anos. Este colectivo pasou de 22.900 en 2012 a 28.500 no 2022, segundo os datos recompilados polo Instituto Nacional de Estatística.
Hai un bo traballo cos datos, pero falla un pouco a liña gráfica. Lembra que falamos da necesidade de non quedar na paleta de cores básica e predefinida de Datawrapper, senón que buscabamos facela nosa e que, ao mesmo tempo, os tres elementos tivesen unha continuidade entre eles.
Ademais, faltaría por explotar un pouco máis a parte do subtítulo en todos os materiais, facendo uso deste elemento para dar as claves da información contida en cada un deles. Por último, tocaría eliminar duplicados como esa dobre referencia aos anos no gráfico (menciónanse tanto no subtítulo como na lenda das columnas) e tamén tentar personalizar un pouco máis o popup no mapa.
O presentado é correcto e parece non ter erros,…