top of page

As nais que superan os 40 anos: un aumento continuo na provincia de Lugo

Nesta ocasión decidín traballar coa idade da maternidade na provincia de Lugo, centrándome no estudo por concellos desta variable para poder extraer conclusións a partir dos resultados obtidos, é dicir, habilitar un estudo das razóns que poden levar ás mulleres a ter os seus fillos unha vez superados os 40 anos.


A primeira idea, desbotada por partir cun número moi reducido de datos, era traballar coas catro provincias galegas. Ese descarte fixo que me centrara na provincia de Lugo e que, aínda que supuña máis traballo, decidira facelo por concellos e non por comarcas, ao considerar de máis interese e representativos os datos municipais.


Unha vez tomadas as primeiras decisións, as maiores dificultades viñeron á hora de facer a limpeza de datos, pois tratábase dunha ampla cantidade de información que necesitaba precisión e exactitude para ser tratada. Outro atranco atopeino á hora de facer o mapa coroplético, pois a primeira variable que tiña escollida (franxa de idade con máis natalidade) non servía para ese tipo de mapa e polo tanto vinme obrigada a facer outra escolma e limpar os datos de novo arredor da nova variable.


Finalmente o resultado foi o seguinte:








1 comentario


Pois realmente os tres materiais están moi ben executados. En primeiro lugar, sinalar que tamén está aí a opción de presentar o espazo de visualización en galego, por se no futuro queres aproveitar esta funcionalidade de Datawrapper e que en lugar de "fuente" apareza "fonte", por exemplo.


A táboa está ben realizada, pero teriamos que revisar a función da cor nela. Fixeches un efecto de taboleiro de xadrez con claro e oscuro que funciona moi ben, pero se clasificamos os datos por calquera das tres columnas pérdese ese efecto de cor, xa que se organizan os datos doutro xeito. Entón aí a cor crea unha confusión, porque xa non exerce como elemento de destaque ou diferenciación dunhas filas con outras…


Me gusta
bottom of page