As linguas estranxeiras e maternas dos españois e os seus veciños europeos
- Eva Fernández Prieto

- 17 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Para esta práctica 4 escollín traballar coa temática dos idiomas no caso europeo e español. Con datos internacionais e nacionais elaborei os gráficos de xerarquía e dispersión.
No gráfico de xerarquía empreguei datos do Eurostat (oficina estatística da Comisión Europea) sobre a porcentaxe de linguas estranxeiras coñecidas por homes e mulleres nos diferentes países da Unión Europea. Entre todos eles decanteime polos datos de España e os seus países máis próximos: Alemaña, Francia, Italia e Portugal. Realicei esta escolla porque á poboación española resultaríalle de máis interese coñecer a porcentaxe dos seus veciños que doutros países máis afastados que non adoitan tomar como referencia.
A continuación adxúntase a folla de cálculo cos datos orixinais e os limpos empregados para o gráfico de xerarquía:
En canto ao gráfico de dispersión, seleccionei datos do INE (Instituto Nacional de Estatística) relativos ás linguas maternas máis frecuentes dos españois e españolas de entre 18 e 64 anos, por características sociodemográficas. Aínda que se presentasen con datos relativos ás nacionalidades, países de nacemento, convivencia en parella ou limitación por problemas de saúde, só incluín na peza os distintos tramos de idade coa correspondente porcentaxe das distintas linguas maternas.
A continuación adxunto a folla de cálculo cos datos orixinais e os limpos empregados no gráfico de dispersión:
En ambos gráficos empreguei a mesma paleta de cores para que tiveran continuidade. No caso de España, tentei que as cores que representasen a cada idioma estivesen presentes nas bandeiras dos diferentes territorios ou foran asociadas sen moita dificultade aos mesmos.
Considero que esta práctica foi algo máis complexa que as anteriores. Con todo, penso que conseguín sacala adiante sen excesivas dificultades. Si que tiven algúns problemas cos gráficos, ao non conseguir que apareceran ao comezo os elementos como quería ou ter que facer reaxustes nos popups. Aínda así, co traballo xa realizado, creo que nestas dúas pezas non hai unha gran carga de datos, polo que se pode ver facilmente o que se está a transmitir.
No de xerarquía faltounos darlle o tamaño conforme ás porcentaxes finais, pero está ben de programación e ben traballado no plano dos datos.
O de dispersión está perfectamente executado. Só faltaría engadir un "%" na etiqueta dos datos do gráfico que vai dentro do popup. Pero está excelente. Moi ben traballado!