top of page

As galerías subterraneas de Betanzos

As minas subterráneas de Betanzos volven a ser noticia despois do achado dun tramo dunha delas durante unhas obras de saneamento. Estas galerías datan do século XVIII e abríronse coa intención de ser explotadas como unha mina de mercurio. Nunca atoparon dito mineral e a crenza da súa presenza no pobo ten distintos orixes, como o nome da igrexa principal, Santa María do Azougue (antigo nome para o mercurio). Máis que dificultades á hora de realizar o mapa, atopei algunhas tarefas un pouco repetitivas como o recorte en círculo das imaxes. Aínda así, si tiven que aprender en las dinámicas de Flourish para poder manexarme con este programa.




1 comentario


A idea está aí, pero faltan axustes para que nos quede ao 100%. Hai que traballar un chisco máis a parte de contido, tentando establecer algunhas categorías comúns a todos os elementos que nos permitan aportar datos sobre eles e que poidan convivir con parágrafos nos que desenvolvemos en texto o que hai neses lugares. Falta tamén o título do mapa, elemento importante para contextualizar o que temos diante. No terreo da programación, tampouco fas uso das categorías e, por tanto, dese menú que nos axudaría a liberar o espazo de visualización dalgúns elementos para poder consultar outros que están moi xuntos. Sería necesario facer esas modificacións para que o mapa comezase a funcionar de xeito adecuado e fose útil…

Me gusta
bottom of page