top of page

As facianas do Monte Nariga

O Monte de Nariga é unha das escarpadas puntas do Concello de Malpica de Bergantiños. Este monte atópase na fronteira co Concello de Ponteceso, quedando dividido entre as dúas administracións locais.


Por toda a súa ribeira, Nariga está salpicado de enclaves populares polo marisqueo, dende as escarpadas furnas do lado malpicán a unha rochosa pero máis plana ribeira de Ponteceso. Ademais da parte mariñeira, o monte conta cun faro, que atrae a visitantes todo o ano polas súas impresionantes vistas ao Atlántico e cun parque eólico de recente renovación, que vertebra ao monte polas pistas de terra que se construíron co parque (as únicas estradas asfaltadas son as que van ao faro e a que vai ata a subestación de control).

O escritor pontecesán Eduardo Pondal mencionaba ao monte nalgunhas obras como: "Nariga punta ruda" que fere ao Atlántico, adentrándose nas bravas augas.


A maior dificultade que afrontei para facer este mapa foi a falta de información (e sobre todo de fotos) para algúns puntos recollidos, que tiven a sorte de gardar algunha fotografía de lugares específicos e grazas a miña avoa, que ía coas vacas ao monte e a recoller golfe na ribeira, polo que foi a miña principal fonte de información para completar o mapa.


1 comentario


De programación está perfecto, sen erros nin puntos con sensación de erro. O contido é rico, aínda que quedaría unha certa marxe para a elaboración de partes tipo "tarxeta" con información común a todos os puntos. As imaxes son tamén pertinentes e teñen boa calidade. Moi ben traballado!

Me gusta
bottom of page