top of page

As cifras de paro das mulleres en España experimentan unha caída dende o 2020

Para esta segunda práctica escollín realizar unha análise dos datos de paro de mulleres no territorio español dende o ano antes da pandemia da Covid-19 ata os últimos que se rexistraron, é dicir, do primeiro trimestre do 2022. Os datos sobre o paro son subidos á páxina do INE cada primeiro trimestre natural de cada ano, polo que os datos que se recollen son os do ano completo anterior. Ao escoller os anos 2020, 2021 e 2022, podemos ter unha visualización da evolución das taxas de paro das mulleres o ano previo á pandemia, durante o ano da pandemia e o ano posterior, puidendo así sacar unha conclusión dos efectos que esta provocou no emprego das mulleres en España.


Grazas á visualización dos datos na táboa, podemos observar as comunidades nas que son maiores as taxas de desemprego de mulleres, vendo tamén o seu aumento ou diminución ao longo dos anos escollidos para a súa análise. Un dato moi claro é que as zonas máis afectadas por este feito son as comunidades do sur da Península Ibérica, así como tamén Ceuta e Melilla. Como consecuencia da pandemia, tamén se pode ver que na meirande parte das comunidades autónomas, o número de mulleres paradas creceron visiblemente, o que se ve reflectido na columna do ano 2021. Pero a paulatina recuperación económica é evidente nos datos do 2022, onde as cifras de desemprego comezan a desinflarse en case todo o territorio español. Para que esta visualización dos datos sexa máis sinxela, as cores van escurecendo segundo a taxa de paro de mulleres vai incrementando.



Así mesmo, coa gráfica podemos analizar de xeito máis visual as porcentaxes de desemprego en cada zona do territorio español, comparando o aumento ou diminución destas taxas nos tres anos escollidos para a análise. Grazas á disposición das barras na gráfica agrupadas por comunidades autónomas, podemos ter unha boa visualización da evolución destes datos no tempo, sabendo cales foron as zonas nas que o sector feminino no ámbito laboral se viu máis perxudicado, e tamén onde se produciron melloras na recuperación laboral deste sector.


Xunto con todas estas presentacións de datos, ao incluír o mapa coas taxas de paro entre as mulleres do territorio español podemos ter unha imaxe moito máis clara dos niveis de desemprego que se alcanzaron durante o ano máis duro da pandemia, cuxos datos foron presentados polo INE no primeiro trimestre do ano 2021. Este é o ano clave, xa que debido á situción epidemiolóxica, a economía foi un dos ámbitos máis afectados, producindo unha situación crítica a niveis de desemprego. As mulleres non foron menos, e por iso neste mapa se pode apreciar o escenario vivido ao longo do 2020. Como ben se indica no titular do mapa, a zona do sur da península xunto coas Illas Canarias, Ceuta e Melilla foron os territorios onde máis mulleres se atoparon en situación de desemprego.


A maiores do enlace directo á páxina do INE onde recompilei os datos, tamén adxunto aquí a táboa de Excel cos datos limpos e revisados para realizar as visualizacións previas: https://www.ine.es/jaxiT3/Datos.htm?t=4247



1 comentario


Hai un bo traballo cos datos e un bo traballo tamén en termos de cor. Ademais, a selección da forma gráfica é pertinente para o que se quere amosar, aínda que faltan uns cantos axustes para que quede ao 100%.


Na táboa, podería ser máis clara a orde cronolóxica lóxica (de 2020 a 2022 de esquerda a dereita). No gráfico sería útil activar a lenda de cor, pois así aforramos esa precisión que inclúes na liña final e temos claro xa dende o comezo do gráfico que cor fai referencia a cada ano.


O mapa está ben traballado, tanto na parte de datos como na ventá emerxente, que presenta unha boa edición. Iso si, falta por mudar o idioma de…

Me gusta
bottom of page