As 10 aprendizaxes capitais de Diluvio
- Eva Fernández Prieto

- 7 oct 2022
- 1 Min. de lectura
O obxectivo inicial desta infografía era representar de forma clara e concisa, nun único lugar, os 12 temas que compoñen o álbum Diluvio, do grupo galego Tanxugueiras. Este disco baséase en 10 pecados capitais, que as pandeireteiras transforman en 10 aprendizaxes capitais. A estes engádense dúas cancións instrumentais, unha dá entrada ao Diluvio e a outra outorga calma ao final.
Optouse por un deseño (elaborado dende cero en Infogram, con inspiración doutras infografías) que parte dun disco de onde saen os diferentes temas que compoñen o álbum e unha breve explicación do significado de cada un. Nun principio contemplouse a opción de insertar os videoclips de YouTube dos diferentes temas. Con todo, finalmente descartouse xa que na visualización final a icona de play do vídeo era demasiado grande e entorpecía a visualización.
Por tanto, optouse pola inserción das carátulas dos temas do disco que contan con videoclip e ao seu carón unha icona para acceder aos mesmos en YouTube. Os temas Arica, Sorora e Terra tamén teñen portadas, pero debido á falta de espazo e á ausiencia de vídeo musical non se inseriron as súas portadas.
As liñas e os números dos temas van guiando a lectura desta peza, na que se distinguen tonalidades negras e azuis, fundamentais na portada de Diluvio.
En liñas xerais o traballo vai por moi bo camiño xa que, ademais, fas uso do hipertexto para que teña unha segunda vida máis alá do que vemos no primeiro pantallazo. Iso si, habería oco para facer algúns axustes en elementos coma os que che comento a continuación.
No relativo á tipografía e o texto, faltaría por buscar unha tipografía dentro das que nos ofrece Infogram que conectase un chisco mellor coa elixida polas Tanxugueiras para a carátula do álbum, para poder empregala así nese "Canción a canción". Ademais, poderías outorgarlle un chisco máis de forza aos títulos das cancións da man dun maior grosor na tipografía.
En canto ás cores, en liñas xerais funcionan ben, aínda que si que…