Aprende jiujitsu en Uchirelo
- Diego Real
- 25 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Para facer esta primeira práctica, púxenme na pel do diseñador dos carteis dunha academia de Jiujitsu, que neste caso decidín chamar Uchirelo.
O principal problema ao que me enfrontei foi a decisión da estética. Tiña claro que quería as fotos de fondo na primeira imaxe, pero non sabía cómo poñer entón os datos da academia. Buscando en Canva atopei elementos gráficos similares aos que puxen finalmente nas imaxes y me pareceu a estética máis acertada. Unha forma de facelo como máis "familiar".
Para a segunda imaxe, busquei beneficios do jiujitsu e seleccionei os que penso que poden interesar máis á xente e poden axudarlles a dar o paso para practicar este deporte. Ademáis, tamén fotos que puidesen resultar acordes ao concepto que acompañaría dos beneficios de practicar este deporte.
A idea de publicación serían dúas fotos en redes sociais ou a primeira imaxe como cartel para taboleiros físicos ou en establecimientos e locais, para non depender tanto do resto da información e ter só a información concreta, precisa e máis importante no que é este tipo de publicidade.
Afástase un chisco do que buscabamos con esta práctica, pero si que é certo que en liñas xerais hai un bo traballo de xestión da cor e unha boa selección dos contidos. Faltaría afondar algo máis na súa presentación para facelo máis atractivo a través do xogo cos fondos, os tamaños, os destacados, etc., pero podería ser unha boa base.