top of page

Analizando cifras de crimes

Considero esta práctica unha das máis útiles, pero tamén a máis difícil con diferenza. Respeto á súa utilidade, penso que a aplicación de Flourish ofrece múltiples alternativas que nos van ser de gran axuda o día de mañá ao ter que desenvolver a nosa labor como xornalistas, especialmente traballando con novos formatos. Pero, na miña opinión, resulta moi complicado atopar unhos datos axeitados que se presten a facer unha visualización completa.


No meu caso, un dos pasos máis difícil foi a busca e limpeza dos datos, sobre todo os de Eurostat. Levoume bastante tempo atopar tanto eses coma os da segunda parte que eran sobre as cifras de mulleres vitimas mortais por violencia de xénero. De feito, unha vez rematada, penso que me quedaron bastante incompletos para facer este tipo de visualizacións e que non conseguín traballar correctamente con eles. Non tiña demasiadas variables coas que xogar e tiven que limitarme a empregar o número de homicidios por país e sexo. E, no caso da violencia de xénero, á hora de facer a táboa de dispersión, o gráfico secundario simplemente repite as cifras que se poden ver na táboa principal.


Ademais, hai aspectos que non conseguín solucionar como que, por exemplo, no gráfico de xerarquía, en algunhas comunidades non aparecen algunhas datas. E, no de dispersión, ao premer no país, non aparece o sexo, mentres que ao premer no sexo non aparece o país.


Sumado a isto, iña unha dificultade engadida, que era o pouco tempo dispoñible para facer esta práctica. En definitiva, non quedei moi satisfeita co resultado final, pero si co que aprendín sobre o traballo cos datos e o funcionamento da aplicación. Penso que de terlle adicado máis tempo podería lograr unha visualización máis completa.



Datos: os datos foron tomados do portal do Ministerio de Igualdade, de tres enlaces diferentes: un, dous, tres.



Datos: os datos foron tomados do Eurostat.


1 comentario


No de xerarquía pouco que dicir, xa que está moi ben executado. O único que nos faltaría sería a fonte dos datos. Ollo con estas cousas, que son vitais para a transparencia na información. Tamén faltaría a autoría do traballo.


En canto ao de dispersión, está ben resolto, aínda que faltaría mudar a lenda para os puntos e sinalar que cor se corresponde con cada un dos tres anos en lugar do rango. Fáltanos tamén a autoría e a fonte dos datos dentro do gráfico. Dentro do popup habería que retocar o tamaño ao ancho para mellorar a visualización do gráfico secundario que introduces nel.


Me gusta
bottom of page