Actividades físico-deportivas no campus de Santiago
- celiarodriguezchao
- 22 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Esta infografía presenta as diferentes actividades que se poden levar a cabo na área deportiva da Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 2022-2023. Para facela empreguei o programa de Canva. Procurei darlle un carácter corporativo utilizando as cores e a tipografía da USC, ademáis do logo que engadín ao final. Non tiven complicacións destacables ao realizar a infografía aínda que si me surxiron algunhas dudas en canto a se estaba engandindo máis ou menos letra e elementos visuais dos que precisa a infografía.
No terreo da cor hai un bo traballo, pois a gama elixida conecta coa identidade da institución que promovería o material e, ademais, hai un bo contraste entre os elementos que entran a formar parte da infografía.
Onde nos tocaría facer un pouco de revisión é no relativo á posición e o aliñamento dos materiais, fundamentalmente dos textos. Se te fixas, hai textos que se presentan centrados pero tamén aliñados á dereita como, por exemplo, no bloque de "Actividades de verán". Aí tocaría tomar unha decisión e centrar todos os textos, tranto a nivel interno como entre si ou aliñalos a un dos lados. E esa "norma" habería que aplicala en todo momento para ter unha certa consistencia.
Ademáis, hai…