A violencia de xénero en países castelán-falantes
- Clara Rodríguez
- 19 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Nesta última práctica decidín que quería visualizar os datos da violencia de xénero que sufriron as mulleres nestes últimos tres anos nos países castelán-falantes.
Para iso, consultei diversas fontes como:
A maior complicación para organizar este traballo foi encontrar países con todos os datos que quería representar dispoñibles. No caso dos países de América Latina, os rexistros, por exemplo, de mortes a mans da parella ou exparella sentimental. Despois, na realización das visualizacións, a gama cromática foi marcada pola temática escollida.
Decidín facer unha primeira visualización na que se represente unha comparativa entres os países castelán-falantes con maior rexistro de casos de violencia de xénero nos últimos tres anos. Na segunda visualización na que, centrándome en España e as súas Comunidades, representei os casos do primeiro ano de rexistro do MInisterio de Igualdade (2003), un ano intermedio (2012) e o último ano completo (2021) e agreguei unha visualización adicional para representar o total de vítimas de violencia de xénero en España a nivel nacional dende o 2011.
Xerarquía:
Dispersión:
Pois nada que dicir de ningún dos dous. Hai un bo traballo cos datos e unha boa programación, sen fallos nin zonas mortas. Noraboa!