A tendencia da presenza de salas de cine en Galicia
- Diego Real
- 25 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Para esta segunda práctica, tiven claro o tema dende o principio e a súa busca non foi moi complicada, xa que no IGE e no ICAA atópanse fácil estes datos ou enlaces a outras plataformas que o teñen. Neste caso, o ICAA levoume á páxina de estadísticas do Ministerio de Deporte y Cultura.
Nun principio a idea era facer todos os exercicios sobre Galicia e as súas provincias, pero na plataforma Datawrapped non había un mapa provincial de Galicia, así que decidín que sería interesante comparar os datos do ano 2021 de Galicia co resto de España.
Elexín este tema porque paréceme un tema preocupante que podería ser solucionado se se fomentase a costumbre de ir a consumir películas a salas de cine e se houbera máis diversidade nestas.
Para a táboa e a gráfica utilicei a mesma táboa de datos, que collín do IGE. Para o mapa usei outra táboa distinta que atopei, como xa expliquei, na sección de estadísticas de cinematografía do Ministerio de Cultura y Deporte, ao que cheguei a través do ICAA. Adxúntoas aquí nun mismo documento Excel, a primeira pódese atopar na primeira folla do documento e a segunda na segunda folla.
PRESENZA DE CINES EN GALICIA
Nesta primeira táboa comprobamos cómo a tendencia en Galicia en xeral é a de desaparecer, aínda que non en gran medida, xa que en seis anos non é unha cifra demasiado alarmante á de cines que deixaron de existir na comunidade. Porén, a tendencia por provincias é fluctuante e distinta en cada una ao largo destes seis anos.
Na seguinte gráfica podemos observar os mesmos datos que temos na táboa anterior pero dun xeito máis visual, que nos achegan máis á facernos unha idea do seu significado.
No seguinte mapa, podemos observar o número de salas de cine activas nas distintas Comunidades Autónomas en 2021.
O traballo cos datos semella correcto e as formas gráficas empregadas para a súa presentación tamén. Iso si, no gráfico poderías mesmo ter explorado a opción dun gráfico de liñas para amosar a evolución entre os territorios. Tamén dentro deste gráfico, sobraría o total. Como comentamos varias veces, o feito de comparar un total coas súas partes fai que estas se vexan moi reducidas, dificultando a súa comparación.
Con respecto ao mapa, falamos de que non queriamos quedar na paleta de cores predefinidas e, ademais, as cores que presentas non van en consonancia coas presentadas no gráfico. O traballo cos datos é correcto, pero faltaría afondar bastante máis na edición da ventá emerxente para non quedar nesa primeira capa de…