top of page

A taxa de poboación graduada de cada nivel educativo e a opinión do alumnado sobre a intelixencia

Para esta última práctica escollín a temática da educación para deseñar dous gráficos diferentes: un de xerarquía e outro de dispersión. No gráfico de xerarquía represéntase a taxa xeral de poboación titulada en cada nivel ou tipo de estudo entre os anos 2017 e 2019. O interesentante desta gráfica é que máis aló de poder pararte a revisar os datos de homes ou mulleres de cada un dos anos, tamén cabe a posibilidade de facerse unha idea cunha simple ollada sobre cales son os tipos de formación que maís ou menos ten a xente. Os datos foron extraídos do INE.


Por outro lado, a gráfica de dispersión recolle o pensamento do alumnado de diferentes países do mundo sobre a posibilidade de que unha persoa poda cambiar a súa propia intelixencia con esforzo. Estes datos proveñen dunha enquisa realizada aos estudantes para o Informe PISA 2018. Nela é interesante observar como en países como Polonia ata un 58% dos participantes consideran que non se pode facer moito por mudar a intelixencia, mentres que en Estonia a cifra de persoas que alumnos que pensan isto é só do 23%.







1 comentario


En xeral están moi ben executados ambos materiais. Como punto para a mellora sinalaría a falta da autoría no gráfico de xerarquía, a posibilidade de enriquecer un chisco máis a ventá emerxente no de dispersión e tamén no de dispersión a necesidade de poñer o símbolo "%" a carón das etiquetas do eixe horizontal X). Fóra deses detalliños toca dicir que está moi ben traballado. Noraboa!

Me gusta
bottom of page