top of page

A taxa de paro en España

Se hai un tema que sempre está en boca de todos, dentro do ámbito nacional, é o paro. Pois ben, nesta práctica optei por observar a taxa de paro por Comunidade Autónoma en España neste último ano 2022, diferenciando por idade tamén, no caso da táboa, e por sexo, no caso do gráfico.


Os principais problemas xurdiron á hora de meter os datos e que quedasen ben na visualización, ademais de ter que refacer a táboa e o gráfico por un erro no programa. Polo resto, todo ben.


Os datos (consultar todos os apartados de "Sexo", "Comunidade Autónoma" e "Idade" no período "2022T1") foron sacados do INE (Instituto Nacional de Estadística) e a ligazón é a seguinte: https://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=14506


Táboa:


Gráfico:


Mapa:


1 comentario


Como algo común aos tres materiais hai que sinalar dous aspectos. Por unha banda, lembra que en Datawrapper podemos modificar a lingua do espazo de traballo para que coincida co que nós empregamos (neste caso o galego). Ademais, falamos de que nos subtítulos ou descricións había que falar do que había neses proxectos, non facer referencia a "nesta táboa" ou "neste mapa". Esas fórmulas son apropiadas para un texto académico, pero normalmente desaparecen nos textos xornalísticos. Ese é un espazo que temos que aproveitar como porta de entrada ao material.


O gráfico é pertinente para o que se quere contar e o mapa ten unha escala de cor bastante clara, aínda que faltaría aportar algo de contraste nos primeiros pasos.…


Me gusta
bottom of page