top of page

A situación da auga en España

O obxectivo desta práctica era representar, a través de tres gráficos distintos, unha serie de datos estatísticos acerca dun tema concreto. No meu caso, escollín rapidamente isto porque quería tratar algo relacionado co cambio climático e as súas consecuencias. Así pois, busquei no portal de datos abertos do Goberno e atopei as cifras de volume de auga dispoñible en España (por comunidades e cidades autónomas*) entre o ano 2000 e o 2020.


Xa entrando en materia, coido que o máis tedioso foi limpar os datos na folla de cálculo e organizalos segundo o enfoque que lles quería dar en cada gráfico. Despois, houbo outras cuestións que me levaron o seu tempo, como definir correctamente a liña de cores no mapa coroplético, calcular as variacións porcentuais entre as décadas ou, no referido á edición do estilo, xogar coas múltiples posibilidades que ofrece Datawrapper.


*Dicir que non me foi posible representar os datos pertencentes a Ceuta e Melilla, xa que na serie estatística recollida polo INE aparecen de forma conxunta, tal e como se pode comprobar no documento e na fonte orixinal que enlazo a continuación.









1 comentario


Pois realmente non hai moito que dicir, xa que os tres materiais están perfectos. No mapa o traballo cos datos é bo e o rango de cor elixido funciona perfectamente para o que queremos amosar. Na táboa só queda dicir que é perfecta e no gráfico tan só tocaría explorar a posibilidade de non salientar Canarias, xa que nesta forma non temos interactividade e non podemos ir pasando polos diferentes territorios. Ten o seu sentido, pois destacas que Canarias é o territorio que vai ao contrario que os demais, pero seguramente estaría mellor presentando todas as barras "encendidas" e non "apagadas", por dicilo así.


Pero, o dito, que o traballo é perfecto nos tres materiais. Noraboa!!

Me gusta
bottom of page