top of page

A poboación estranxeira na provincia de Lugo

Este traballo consiste na elaboración dun mapa, un gráfico e unha táboa xogando cos datos ofrecidos polo IGE (Instituto Galego de Estatística) sobre o número de poboación estranxeira censada na provincia de Lugo. A nivel galego a gran cantidade de datos dificultaba o traballo con eles, e por iso decidín limitalo a este territorio; para o mapa e a táboa estudei as cifras por concellos, mentres que para o gráfico optei por seleccionar as comarcas. A partir dos resultados obtidos, pódense extraer varias conclusións.


En canto á elaboración dos contidos, atopei varias dificultades. Nun primeiro momento, fíxose custa arriba a toma de decisións sobre os datos que traballaría en cada peza. Para o gráfico, por exemplo, estudar a variable por concellos dificultaba a súa lexibilidade e tiven que recorrer ás comarcas. Por outra banda, destaco como unha das partes máis complexas o deseño: atopar as cores, o grao no que empregalas, o grosor das liñas, etc. Non obstante,  pareceume sinxelo o traballo co código HTML e as súas variacións, posiblemente polos novos coñecementos adquiridos noutras materias da carreira.


Ademais, outra parte importante é a interpretación dos resultados para a elaboración do título e o subtítulo. Non é que fose difícil, pero fíxome pensar sobre o enfoque que lle quería dar, que ao final foi distinto en cada peza (porque tamén os datos eran diferentes). A partir do mapa concluímos que as zonas de costa son as que reciben maior número de poboación estranxeira, posiblemente pola oferta de traballos no mar. Pola súa parte, o gráfico mostra a evolución dese número por comarcas nos últimos dez anos (que tamén aumenta), mentres que a táboa indica que o número de cidadáns estranxeiros tende a incrementarse na provincia tamén nos últimos cinco anos.













1 comentario


Está todo traballado dun xeito excelente. Hai un moi bo traballo cos datos e unha presentación correcta, apostando polas formas gráficas que axudan ao que se quere narrar.


No mapa, que era probablemente o material que ofrecía unha maior complexidade, está todo ben solucionado e hai unha moi boa programación para as ventás emerxentes, de xeito que mesmo non todas teñen exactamente o mesmo contido.


Onde habería que facer un pequeno axuste é na táboa. Ten en conta que ao facer click nas diferentes columnas alteramos a orde dos elementos, de xeito que se perde ese efecto de taboleiro de xadrez que fas coas cores. É importante telo en conta, xa que cando filtramos por algunha das columnas perde sentido…


Me gusta
bottom of page