A pegada modernista de Rodolfo Ucha en Ferrol
- M VL
- 28 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Para esta terceira práctica fixen un mapa que amosa algúns dos edificios máis relevantes da ruta modernista de Ferrol, unha serie de construcións asociadas ao arquitecto vigués Rodolfo Ucha, personaxe fundamental para a cidade.
Ao longo do mapa hai 19 iconas que se corresponden con edificacións de distintos tipos: algunhas son edificios estándar, pero tamén hai un teatro (Jofre), un hotel (Suízo) ou unha capela (capela da Mercé), entre outras.
Tardei moito en acabar este traballo en parte polo problema recurrente que teño, un perfeccionismo que me leva a deixar as cousas inacabadas máis tempo do que me gustaría. As maiores dificultades foron de formato: axustar as fotos ao tamaño que correspondía, lograr que a foto me saíse como marcador (foi lioso), colocar correctamente as descricións nos popups... pero finalmente din resolto a maioría de problemas.
Non fun capaz de colocar na táboa de categorías, a que hai na esquina superior esquerda, iconas de FontAwesome asociadas a cada tipo de edificio. É o único que me quedou 'sen resolver'. Aparte, algunhas fotos solápanse un pouco, pero é porque a maioría de edificios están concentrados na mesma zona.
Non me quedou tan ben como quería, creo, sobre todo porque estiven moito tempo facéndoa e non creo que se vexa 100% reflectido. Pero creo que se pode entender ben e que aporta información bastante completa da ruta, que escollín porque era unha cousa que coñecía e que me parecía que encaixaba ben na categoría.
Atopar a información e as fotos foi moi sinxelo. A información saqueina, fundamentalmente, da páxina web Ruta Modernista de Ferrol; do seu mapa interactivo (para escoller que edificios tratar); das páxinas concretas de cada edificio (aquí a da Cociña Económica), das que tamén saquei a maioría de fotos; e dun documento chamado 'Modernismo en Ferrol'. Algunha outra foto é da Wikipedia (da Casa Antón, por exemplo).
Un paseo pola ruta modernista
En liñas xerais está moi ben conseguido. Como elementos que nos faltarían estaría a autoría do traballo, elemento importante para saber quen está detrás das cousas. A nivel de contido está ben e na programación non hai grandes problemas, tan só che recomendaría retirar ese mapa interno que hai abaixo á dereita, pois os puntos están localizados na mesma cidade e non é un valor extra. Onde tamén nos tocaría facer unha revisión é no tamaño das imaxes das ventás emerxentes, que no seu estado actual quedan bastante pequenas. É importante que todas as imaxes que presentamos alcancen a verse con detalle (e aquí hai moito detalle), pois se non é así estamos deixando de comunicar información.