A Mariña Lucense por descubrir
- Clara Rodríguez
- 5 dic 2022
- 1 Min. de lectura
No norte da provincia de Lugo encontramos a Mariña Lucense. Alí, os bosques confúndense co mar. Preto de 100 kilómetros de costa salpicada de marabillas naturais. O xeodestino Mariña Lucense abarca os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Paisaxes únicas de costa e interior, dezasete Espazos Naturais Protexidos en varias tipoloxías que podemos coñecer a pé, en bicicleta ou en coche. Sen dúbida, diferente ao resto de Galicia, particular e excepcional a Mariña Lucense. Podemos encontrar diferentes lugares de interese natural e turístico que fan da Mariña un entorno digno de admirar. Aquí vai unha pequeña selección de vinte interesantes sitios que poder visitar ao facer unha ruta alí.
As dificultades que me atopei para a realización desta práctica foron, ademáis de encontrar unha harmonía cromática, encontrar unha iconografía correcta para representar os diferentes lugares turísticos que quería resaltar.
Pois nada que dicir. Ben de contido, ben de programación (sen erros nin puntos mortos) e ben no terreo dos elementos visuais empregados, tanto as fotografías como as iconas ou o mapa de base. Hai bo contraste entre os elementos e as ventás emerxentes están ben executadas. Noraboa!!