A lagoa da Frouxeira: un conflito medioambiental
- Aldara Castro Meizoso
- 4 oct 2022
- 1 Min. de lectura
A miña idea inicial era facer a infografía sobre un replantexamento ecolóxico do entorno da lagoa da Frouxeira (Valdoviño, A Coruña), pero fíxoseme complicado facer iso sen antes explicar cal é o problema ambiental que aparece neste espazo, e por iso decidín centrarme en presentar ese conflito. Teríame gustado poder integrar máis o texto e a ilustración, que parecen divididos en dous espazos moi diferentes.
En liñas xerais hai un bo traballo en todas as frontes. A paleta de cores elixida funciona moi ben e, ademais, ten pleno sentido para o tema que se aborda. Os puntos nos que quedaría marxe para a mellora sería no traballo cos textos (no seu estado actual teñen bastante tamaño) e tamén na parte do título, pois faltaría aportar un chisco máis de contraste nesa xerarquía entre os elementos de texto da que falamos varias veces.
A nivel da posición/orientación dos elementos, dicir que é bastante boa. Habería un pouco de espazo para baixar os bloques de texto e eliminar parte desa "zona morta" que temos abaixo á esquerda. Tamén tocaría revisar o tamaño da excavadora con respecto ao…