top of page

A inmigración e o risco de pobreza entre a poboación xove

Nesta última práctica decidín tratar o tema da inmigración a España. Para facelo empreguei o gráfico de xerarquía para comparar en dous anos (2011e 2021) a chegada de inmigrantes mozos ás diferentes comunidades autónomas.



Pola outra parte, empreguei o gráfico de dispersión para comparar a porcentaxe de poboación xove en risco de pobreza en diferentes países de Europa no ano 2020, o ano máis recente do que se teñen datos en case todos os países escollidos.



En canto ás dificultades coas que me atopei, sinalar que o gráfico de dispersión foi moito máis sinxelo de realizar e non me resultou difícil "tratar" con el. O de xerarquía si que foi mási complexo, sobre todo á hora de organizar os datos na táboa e no excel meticulosamente para evitar erros. Tamén foi difícil a escolla da forma, aínda que ao final me decantei pola treemap, xa que me gustaba e me parece que se pode apreciar a información de forma correcta. Por último, no referente ás cores, decidín usar o verde e o azul xa que o tema da inmogración e da pobreza non teñen unha cor que esté fortemente relacionada (como acontece con outras temáticas) e o resultado non me disgustou en absoluto.


Para finalizar adxunto as táboas de excel coas que traballei, aínda que no caso da gráfica de dispersión traballei cos datos directamente en Flourish:





1 comentario


O de xerarquía está ben traballado nos datos e ben a nivel de presentación, aínda que nos faltaría por mudar o formato dos datos para pasar do inglés ao español. Fóra diso está moi ben executado. Noraboa!


Con respecto ao de xerarquía, pouco que dicir. Está moi ben realizado e todo está ben integrado. Iso si, recomendaría engadir o símbolo "%" nas etiquetas do eixe X para facilitar a comprensión do gráfico.


Me gusta
bottom of page