A endometriose: unha dor silenciosa
- Paula Alvarez
- 15 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Esta infografía é unha breve introdución ao mundo da endometriose. Unha enfermidade benigna, que afecta á maioria de mulleres en idade reproductiva, e que moitas veces resulta descoñecida, tanto para elas coma para o entorno que as rodea. De aí que sexa "unha dor silenciosa", pois normalmente afróntase sen darlle importancia.
Trátase dun tema complexo, e por iso unha das maiores dificultades que atopei á hora de abordar este traballo foi conseguir a maneira de plasmar (dun xeito comprensible) tanta información a través de pequenas figuras. Neste contexto, apostei por conducir os datos a través de preguntas que responden ás cuestións máis básicas da enfermidade. Ademais, unha vez superado o reto de resumir e colocar a información, pareceume complicado, e precisei de moito tempo, para traballar aspectos técnicos coma a distribución do espazo ou a elección das cores.
De forma xeral, toca dicir que o traballo está moi ben encamiñado. Faltaría por afinar un chisco máis nalgunhas áreas, pero está ben formulado na súa concepción.
En canto á cor, pouco que dicir. A xestión neste ámbito é moi boa, traballando cunha paleta na que hai un contraste e unha lexibilidade magnífica.
Con respecto ao texto, habería que traballar un pouco o tamaño deses destacados nos que indicas as palabras "endometriose", "útero" e "endometrio" arriba á esquerda, pois si que é certo que nos quedan algo curtas de tamaño. A maiores, abería que revisar algúns aliñamentos como o do "Como?" dentro do cadro no que está, xa que está un pouco escorado á dereita. Pero, bueno, trátase de axustes…