A depresión, o trastorno mental que afecta a miles de persoas en España
- iriafernandezcalvo
- 9 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Para a elaboración desta práctica, optei por buscar os datos sobre a prensenza da depresión en España. Cando comezamos a traballar co Datawrapper, estaba preto o día da saúde mental (10 de outubro). Este foi, precisamente, o motivo polo que se me ocorreu contabilizar os casos diagnosticados no noso país a través da páxina web do Instituto Nacional de Estatística.
En primeiro lugar, realicei un mapa coroplético centrado nesta cuestión. Aí quixen plasmar unha comparación entre as distintas Comunidades Autónomas, de modo que, canto máis escuro sexa o azul, máis persoas con depresión viven no mesmo territorio. Ou sexa, a tonalidade vai variando segundo a intensidade, por iso Andalucía se ve máis escura. Ademais disto, ao mover o cursor por riba de cada zona, ábrese un popup con información adicional.
Logo, o gráfico seguiu a mesma liña, posto que mostra o número de casos por Comunidade. Pero, desta vez, o obxectivo era facer unha distinción entre o xénero masculino e o feminino. Desta maneira, pódese ver que, agás en Castela-A Mancha, a cantidade de mulleres que sofren depresión supera á dos homes.
Por último, a táboa amosa unha clasificación por idades. Deste xeito, sublíñase con azul escuro “de 45 a 54 anos” por ser a franxa con máis persoas diagnosticadas. En cambio, o máis claro (“de 85 e máis anos”) reflicte totalmente o contrario.
O mapa coroplético
O gráfico
A táboa
Para a realización desta práctica, os datos empregados foron os seguintes:
Pois realmente está todo perfecto e todo moi ben traballado. De cor está todo ben, tanto no nivel individual de cada unha das formas como observadas en conxunto. Ademais, no mapa hai un moi bo traballo de edición das ventás emerxentes.
Só nos faltou un pequeno detalle no mapa para que todo quedase ao 100%, e non é outro que facer uso do subtítulo. Pero, bueno, o certo é que iso non empaña o bo traballo que hai no resto de materiais. Noraboa!!