top of page

A arte na infografía

Para esta práctica quixen amosar a obra do coñecido pintor, Vicent Van Gogh, dividíndoa nos tres movementos artísticos aos que pertenceu como artista. Seleccionei tres obras dos tres tipos de movementos e aportei o seu título e ano de creación. A colocación realiceina de maneira cronolóxica e aportei unha serie de datos sobre cada movemento a modo de explicación sinxela.


Para a realización desta práctica utilicei Canva. Era a primeira vez que a empregaba para crear unha infografía e non foi unha tarefa sinxela. Cambiei de tema varias veces, o primero que se me ocurriu foi representar os requisitos que ten unha ONG para poder viaxar como voluntario dependendo do país de destino. Tiña moitos datos e resultoume demasiado dificil, así que despois de estar traballo nel durante varios días tiven que cambiar de tema de forma radical. Despois de moito pensar, decanteime por este. Tampouco foi sinxelo porque quería abarcar moita información que, ao final, tiven que reducir. Este foi o principal problema, encontrar tema e saber estructuralo en formato infografía. Para ser a primera práctica costoume máis do que pensaba.



1 comentario


De forma xeral está moi ben executada. A nivel de cor hai pouco que dicir, pois logras traballar cunha paleta moi clara e que funciona moi ben, habendo un bo contraste entre os elementos.


O espazo de traballo está ben xestionado e segues unha liña clara, formando bloques de contido. Como punto para a mellora sinalaría só a posible necesidade de marcar un pouco o contraste entre o título da obra e o ano. Aquí poderías xogar coa negrita no título, por exemplo.


Tamén habería que revisar a posición dalgúns elementos e as súas marxes. Por exemplo, a posición deses círculos que conteñen a obra dentro desas liñas que fan de marco para cada unha delas. Aquí o ideal sería…

Me gusta
bottom of page