top of page

A ansiedade e as súas manifestacións

Para esta práctica elaborei unha infografía que reunise pasos básicos que pode levar a cabo unha persoa para colaborar cando alquén está sufrindo un ataque de ansiedade. Por desgraza, é cada vez máis habitual na vida da xente e son situacións que se dan con moita frecuencia, así que é importante saber qué se pode facer que, cando menos, non afecte negativamente á persoa que se atopa nese contexto.


En canto á elaboración da infografía, con Canva, as complicacións foron relacionadas coa escolla da súa estrutura, posto que non sabía como organizala, ata que finalmente atopei unha plantilla adecuada, dividida en varias partes por cores. Tamén en relación a isto, hei de dicir que optei por unha escala cromática de grises que fora do máis escuro ó máis claro para facer referencia á progresiva recuperación do ataque de ansiedade; todo se ve escuro, pero pouco a pouco vai pasando. Polo demais, para esta práctica non tiven maiores problemas.












1 comentario


Neste caso a túa infografía está no extremo oposto a outras das que hai na clase e non presentas tanto contido. Iso non é algo malo, pero si que nos leva a ter que fixarnos noutras cousas diferentes como poden ser as zonas mortas ou nas que nos queda demasiado "aire", espazo.


Neste sentido tocaría revisar ese espazo que queda despois do título da infografía, pois este non se presenta centrado dentro do bloque de cor no que está e, ademais, ese espazo sen contido é algo grande para o volume total do traballo.


A nivel de cor hai unha boa toma de decisións, pois funciona bastante ben e hai bo contraste entre os elementos presentados sobre os fondos elixidos.…

Me gusta
bottom of page