top of page

É a cultura accesible para todas? Algúns datos sobre a súa inversión pública

Para esta cuarta entrega decidín escoller a cultura como eixe temático central. A miña intención era facer unha comparativa sobre a inversión nos distintos lugares do Estado. O ano collido como referencia é o 2019 pola sinxela razón de que é o último no que había todos os datos dispoñibles. Así mesmo, coa práctica de libre elección, fixen unha comparativa da situación española coa do resto de Europa.


Antes de pasar a explicar as propias gráficas en si mesmas, gustaríame falar do escolma das tonalidades escollidas para a realización deste traballo. Posto que non existe unha cor concreta que se identifique coa cultura, como si me ocurreu coas temáticas doutras prácticas, tomei a decisión de utilizar tonalidades frías sempre que fose posible, para poder seguir así certa linealidade a nivel estético entre as gráficas.


Na gráfica 1, a de dispersión, representei o gasto público cultural per cápita no ano 2019 en cada unha das comunidades autónomas. Nun primeiro intre pensara en facer unha comparativa entre anos, pero observamos os datos atopeime coa sorpresa de que nos últimos dez anos, na meirande parte dos territorios, a cantidade permanece estática. Neste caso toda a información procede dun informe do Ministerio de Cultura e Deporte e decidín complementala co partido político gobernante. Nesta gráfica cabe salientar o tema dos topónimos, tomei a decisión de non traducilos.





Continuando co traballo, a segunda gráfica, foi a que máis problemas trouxo aparellados. Por unha banda, xa foi bastante complicada a escolma dos datos a utilizar, posto que ningunha variable remataba de parecerme susceptible deste tipo de visualización. Non remato de estar contenta con este traballo, posto que me gustaría ter subdividido o traballo en provincias, dentro de cada CC.AA, mais non fun quen de atopar esa información. Por esa razón decidín recompilar os datos dos últimos catro anos e observando o gasto por CC.AA e disciplinas artísticas. Unha vez máis, os datos foron sacados do informe do Ministerio de Cultura e Deporte.











Xa para rematar, na última gráfica de libre elección decidín escoller un mapa europeo para facer unha comparativa da inversión en cultura dos diferentes países. A nivel de limpeza dos datos, Eurostat o que proporciona é o gasto total de cada un dos países. De xeito persoal isto non me parecía o suficientemente representativo ou claro como para botar unha ollada rápida e ter claras as diferenzas entre uns países e outras. Por iso, decidín calcular o gasto por habitante, tendo en conta a cifra facilitada polo Eurostat e o número de habitantes de cada un deses países en 2019. Por outra banda, complementei esta información coa renda per cápita, posto que son termos relacionados: en termos xerais, canta maior é a renda, maior é tamén a inversión en cultura (o proceso de tratamento dos datos foi o mesmo co anterior).





Salientar dúas cousas antes de finalizar, por un lado o tema da cor na práctica. A idea primeira era facer o mapa en tons unicamente azuis, pero dadas as diferenzas entre países, había algúns que apenas se notaba a súa presenza no mapa. Por iso, seguinda a liña das outras gráficas, usei unha paleta de cores frías nas que os verdes representan o países con menor inversión e os azuis/morados escuros os que máis. Así mesmo, creo que poñer as bandeiras dos países non aportaba nada á infografía, polo que non engadín imaxes.






Comentarios

No se pudieron cargar los comentarios
Parece que hubo un problema técnico. Intenta volver a conectarte o actualiza la página.
bottom of page