top of page

Volta ao mundo a pé

Para esta segunda infografía con maphub, decidín contar a viaxe que fixo o malagueño Nacho Dean a pé. Comezou a súa volta ao mundo en 2013 e rematouna en 2016. No seu camiño pasou por 31 países, gastando 12 pares de zapatos tras camiñar 33.000 kilómetros.


No mapa podemos ver todos os países que visitou e en que orde. En cada punto hai un texto breve e imaxes do propio aventureiro en cada lugar ou instantáneas que fixo el alí. Decidín poñer liñas e iconas azuis para os tramos a pé e liñas e iconas vermellas para os traxectos que fixo en transporte, debido a accidentes xeográficos ou por motivos de seguridade. O icono do inicio ten unha estrela ca cor verde e o final un amarelo ca estrela.


A infografía orixinal conta con 57 items e 33 imaxes. Os items están dentro de 6 grupos distintos. Esta ferramenta permite ordear todo e da a posibilidade ao usuario de sacar da infografía por exemplo, a ruta europea para centrarse na ruta asiática. Tamén usei os "small icons" para que na vista xeral o usuario non vexa de repente tantas iconas, o cal pode saturalo. O usuario non verá as iconas ata que faga 3 zooms no mapa, ao facelo a cantidade de iconas será reducida, xa que estará nun continente concreto e non poderá chegar a ver o que hai no resto. Tamén pensei en poñer a autoría e fontes no mapa, pero coido que non quedaba ben, por iso só o deixo escrito en texto.


Para adxuntala foi preciso cambiar dúas cousas:

1- Usei o basemap "World Topographic map" pero tiven que cambialo ao classic.

2- Tiven que sacar 21 imaxes, xa que o máximo eran 12.


A continuación dúas imaxes da orixinal, unha ca visión xeral e outra máis de cerca. Despois a versión reducida para compartir. Tamén deixo este link





Fontes: Web e redes de Nacho Dean, El País.

Autoría: José Campos Prieto

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 14, 2021

Ben no plano do contido, aínda que se lle podía ter sacado partido ao hipertexto como elemento de ampliación desta historia a través dos diferentes materiais que hai na web sobre esta aventura. Despois, en canto á disposición sobre o plano dos puntos, está ben resolta a complexidade de ter que ubicar tantos, empregando ademais un código claro que se repite en todo o traballo. Isto axuda a dotalo de claridade, pois a audiencia sabe dende o comezo que o azul é a ruta a pé e o vermello os tramos en avión. Ben organizado tamén a través do menú, o que elimina novamente esa complexidade de ter tantos puntos e permite consultar a viaxe na secuencia na que foi…

Like
bottom of page