top of page

Vivindo do turismo

Tendo en conta a importancia do turismo en España para esta terceira práctica decidín empregar os últimos datos dispoñibles no INE (https://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=39364) sobre o número de vivendas turísticas por provincias. Aínda que desde un principio tiven claro que quería representar iso ao descargar os datos aparecían tamén o número de prazas e as prazas por vivenda turística de dous meses diferentes (febreiro de 2021 e agosto de 2020) e comecei a ter bastantes dúbidas sobre onde poñer foco, pero pareceume o máis adecuado seguir coa primeira idea e mostrar na táboa e no gráfico as diferenzas entre as vivendas turísticas rexistradas en febreiro de 2021 e agosto de 2020 e no mapa empregar os datos máis recentes.

Unha vez decidos os datos que ía utilizar as maiores dificultades atopeinas no momento de establecer unha gama de cor diferente as propostas por Datawrapper e buscar a mellor forma de presentar os datos no gráfico porque ao tratarse de provincias era moita información. Para a cor optei por marróns e laranxas porque en España predomina o turismo de sol e praia e quería que a cor se asociara con iso. No caso do gráfico quería que se visualizaran ben as diferenzas entre os dous períodos mostrados, que non ocupara moito espazo e agrupar as provincias por comunidade autónoma, algo que descubrín que se podía facer indagando nas opcións de Datawrapper e que me levou a modificar a táboa en Excel. Seleccionei a opción que máis se axustaba aínda que o número de vivendas turísticas de Ceuta e Melilla é tan baixo que case parece que é de 0. Tamén tiven que modificar a táboa de Excel para incorporar os datos á taboa de maneira que en cada páxina apareceran todas as provincias de cada comunidade. Tiven que alterar un pouco a orde alfabética das comunidades autonómas e ir probando coa cantidade de datos por páxina.







1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
24 nov 2021

A nivel de estilo e de cores os tres materiais poden funcionar perfectamente tanto en conxunto dentro dunha mesma peza como por separado. Con todo, quedarían por afinar unhas cantas cousas para redondealos de todo.


Táboa: pregúntame na clase sobre como "enganar" a Datawrapper para poder meterlle unha sangría ás provincias e así evitar ter que acudir a tantos fondos de cor para este elemento. Aquí sería convinte poñer cores un chisco máis apagadas ou mesmo empregar a cor só para a Comunidade Autónoma e deixar en branco (ou cun amarelo moi suave) a parte das provincias. E é que o amarelo é unha cor moi potente que "come" grande parte do espazo de presentación.


Gráfico: ben resolto en liñas…


Me gusta
bottom of page