top of page

Vigo Vertical, o proxecto que facilita a mobilidade a pé pola cidade



Para esta segunda práctica escollín como tema as actuacións máis destacadas do proxecto Vigo Vertical. Estanse instalando na cidade un gran número de ascensores, ramplas e escaleiras mecánicas, así que encaixaba co número de puntos a ubicar no mapa, superando os 20 puntos, e co uso dos diferentes elementos de MapHub, aínda que para incluír o polígono de forma máis pertinente incorporei as prazas urbanas que se están remodelando seguindo un dos propósitos de Vigo Vertical: facer unha cidade para os seus cidadáns.

No momento de ubicar no mapa os elementos decateime de que había algúns moi dispersos e que dificultaban a visibilidade dos máis abundantes, que están situados no entorno máis céntrico, así que decidín suprimir os elementos que quedaban máis afastados do centro. Ademais, tiven que deixar o mapa coa base que máis me convenceu dentro das opcións gratuítas, pero o máis axeitado sería unha visión satélite co nome das rúas porque así distinguiríanse as prazas e tamén ofrece unha visión do desnivel que salvan os ascensores, ramplas e escaleiras mecánicas. Outra das limitacións que atopei foi que só se poden incorporar 12 imaxes, pero non me afectou demasiado porque só me faltou incluír unha imaxe da praza de Vialia (no seu lugar incorporei un enlace á web de Vialia na que hai unha galería) e do proxecto de remodelado da praza Elíptica.



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 09, 2021

Pois non hai moito que dicir porque fas uso de todas as funcionalidades da ferramenta de xeito que estas cobren sentido e que funcionen perfectamente. Ben no plano do contido, xa que todas as tarxetas contan con información relevante. Ben no plano visual, a través da personalización das iconas e da inclusión de imaxes. Finalmente, moi ben tamén no plano da organización a través do menú, xa que logras que se poida facer unha navegación eficiente polo mapa. Só cabe darche a noraboa e ir a polo vindeiro proxecto!

Like
bottom of page