top of page

Viaxa a Tokio con Lost in Translation

Bob (Bill Murray) é unha estrela de cine que viaxa a Tokio para rodar un anuncio e unha serie de entrevistas xaponesas. Charlotte (Scarlett Johansson) é unha moza na crisis dos vinte que se alonxa no mesmo hotel que o seu esposo, un famoso fotógrafo publicitario que traballa durante todo o día. Ambos protagonistas viven unhas frías relacións; Bob recibe chamadas incoherentes da súa esposa mentres que Charlotte espera todo o día a súa parella, para despois ver que el non é capaz de darlle nada do que ela espera.


Unha noite, Charlotte séntase xunto a Bob na barra do hotel que comparten, e dende ese día ambos comezan a verse para pasar a noite xuntos. Entre ambos xorde enseguida unha conexión: a de sentirse perdidos en medio de moita xente e non atopar o seu sitio nesa gran cidade. A pesares da súas diferencias, Bob e Charlotte sentense unidos pola soidade.


Lost in Translation foi o segundo filme escrita e dirixida por Sofia Coppola. Estivo nominada a catro premios Óscar do cal obtivo o premio de mellor guion orixinal. Con só un presuposto inicial de 4 millóns de dólares, logrou recaudar case 120 millóns de dólares.


Con esta infografía prétendese seguir os pasos da parella protagonista a través das localizacións máis importantes e emblemáticas do filme, ata o punto en que se converten nun protagonista máis.

A maior dificultade á hora de realizala foi a de agrupar os distintos elementos nun mapa onde os puntos estaban bastantes próximos entre si, polo que á hora de escribilos intentei que non quedaran moi xuntos e se visualizasen claramente.





1件のコメント


angelvizoso
angelvizoso
2021年10月23日

O enfoque é moi correcto, aínda que habería que darlle un par de voltas á organización dos elementos. Se te fixas, hai moito espazo en branco entre o cadro de Sahbu Zen e o comezo do trailer, o que nos dá unha certa sensación de baleiro, pois iso non pasa noutros ocos da visualización.


No relativo aos cadros de texto, a cantidade de texto está moi ben compensada, xa que existía o risco de pasarse e que fose demasiado abundante no xeral do conxunto da infografía. O que habería que revisar é a orientación deste. Por exemplo, no cadro de Ichickan o feito de que o texto estea xustificado e o estreito do propio cadro fai que se xere demasiado…


いいね!
bottom of page