top of page

Venecia coma escaparate cinematográfico

Actualizado: 30 dic 2021

De Dune a Madres paralelas, un repaso ás mellores estreas do ano no Festival de Venecia


Considerado un dos eventos cinematográficos máis importantes do mundo, o Festival de Venecia é unha plataforma de exhibición que sempre deixa títulos para seguir durante o curso fílmico. Por iso, este ano, os máis importantes de todos, reciben neste artigo un seguimento acorde coa súa trascendencia internacional.


AS DESTACADAS DA 78ª EDICIÓN

Larraín volvía ós biopics intimistas da man de Lady Di, logo de Jackie. Villeneuve facía o imposíbel adaptando de novo a novela de Frank Herbert vestindo de Paul Atreides a un Timothée Chalamet pluriempleado. E mentres cineastas consolidados levantaban proxectos súper ambiciosos, Maggie Gyllenhaal debutaba detrás das cámaras levando á pantalla a novela homónima de Elena Ferrante. Á súa vez, o cine nacional optiña a súa representación en Italia grazas a Almodóvar e ás súas nais, con Nais paralelas.


Ridley Scott traía do pasado unha historia de MeToo que demostraba á destreza dun cineasta octoxenario na narración cinematográfica. O poder do can de Campion tamén acaparaba a mirada dos críticos e comezaba a erixirse coma un dos filmes do ano. Aínda que para listados do 2021, o de Paul Schrader, que recentemente incluía ó seu filme veneciano, O contador de cartas, coma número 1 do ano.


Outros con máis modestia coma Edgar Wright voltaban ó cine de xénero a través de Última noite no Soho, que transforma un (case) musical nun filme homenaxe ó giallo. Menos ambiciosa e moito máis exitosa no Festival foi a cinta de Audrey Diwan, O acontecemento, sorpresa de sorpresas. E xa para rematar as destacadas, Halloween Kills, que continuaba a saga de Michael Myers.

Todas e cada unha delas, pertencentes a súa respectiva sección, como se pode observar na páxina web do festival, deixaron unha pegada importante nas axendas dos aficionados ó sétimo arte e comezaron a debuxar o seu camiño cara a tempada de premios deste atípico curso.


A CONQUISTA DOS METAIS

De Italia saían catro filmes con galardóns baixo o brazo. A maior gañadora foi O acontecemento, que conseguía o León de Ouro, mellor película de Venecia, e o Premio Fipresci, do Xurado Internacional do Festival.

As outras tres premiadas no vello continente foron: a española Nais paralelas, con Penélope Cruz como mellor actriz do evento pola súa interpretación de Janis, unha nai solteira no Madrid actual; a adaptación de Gyllenhaal, The Lost Daughter, que recibiu o mellor guión; e O poder do can quedando finalista nesa carreira por mellor filme co seu León de Prata, acreditando a Campion coma mellor directora.


A partir de aquí, ¿cales foron os logros que conseguiron estas obras na tempada de premios? (FilmAffinity).


O que sacamos en limpo de todo isto son unha serie de narrativas predominantes que comezan a apuntalar a candidatura de determinadas actrices ou cintas de cara ós Oscars de 2022. Spencer conta con Kristen Stewart coma punta de lanza para a categoría de Mellor actriz, logo de colleitar varios premios a nivel internacional.


Coma competencia terá á Penélope Cruz, que parecía diluirse nesta carreira pero chegou no mellor momento posíbel (18 de decembro) a recompensa da crítica do Festival de LA. E falando de Nais paralelas, a música de Alberto iglesias tamén ten os seu percorrido na tempada de premios e levouse o galardón de Mellor BSO tamén en Los Ángeles.


Aínda que parece que nesta categoría o favorito é Jonny Greenwood, que este ano non fixo só unha banda sonora fantástica, senón que fixo dúas: Spencer e O poder do can. A propia cinta de Campion eríxese, despois duns intensos meses, coma unha das principais obras a ter en conta coma Mellor película nos Oscars.


RENDEMENTO EN TAQUILLA

A situación sanitaria actual non fixo máis que acelarar un proceso de transición do cine comercial que premia as películas evento e deixa á súa sorte propostas autorais coma as de Venecia. De forma distinta, pero compartindo un patrón similar, este foi o desempeño das dez seleccionadas en taquilla segundo a ferramenta IMDb Pro.


O batacazo de orixinais coma Última noite no Soho -que custou ao redor de 43 M e recaudou 22,95 M- deixa entrever o problema dunha industria que busca reformular as dinámicas clásicas para continuar sendo sustentábel.

Outras coma Dune tamén perden cartos, aínda que tras a pandemia e o atraso da produción pensábase que o resultado ía ser moito peor. Coa segunda parte da historia en marcha, Villeneuve tratará de devolver a confianza de Warner en forma de cartos.


Por outro lado, filmes coma O poder do can e The Lost Daughter aínda non se poden avaliar. A primeira estreouse en escasas salas e pasou directamente a Netfilx, deixando cifras agochadas polo medio. Unha situación similar a Foi a man de deus, a última obra de Sorrentino, motivo polo que non aparece radiografiada neste artigo. A cinta de Maggie Gyllenhaal aínda non se proxectou de forma aberta (simplemente estivo durante unha semana en Arabia Saudí e conseguíu 6.000 $), por iso a súa recaudación aparece representada cun cero.


O contador de cartas e O acontecemento tamén teñen condicionantes. Ambas teñen uns datos pobres debido a que a súa estrea foi moi desproporcionada a nivel xeográfico. Aquí, en España, aínda non se puxeron en salas.


UN ANO DE CINE CON POUCAS RESPOSTAS

A industria atópase nunha situación críticaa por resultados en taquilla coma estes, propostas autorais que non saen rentables. O certo é que aínda está condicionada pol Covid-19, pero as proxeccións que fan os expertos de cara ó futuro non son esperanzadoras.

Nun momento no que o cine ten que atopar a forma de recuperar a costume social de ir ás salas, a produción non descansa e, a pesar das cifras, segue creando obras, coma as aquí mencionadas, que quedarán na memoria colectiva de todos os aficionados ó sétimo arte.



FONTES: IMDb, Filmaffinity e Web do Festival de Venecia




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 27, 2022

Ben traballado, tanto os materiais de xeito individual como o conxunto formado por todos os elementos introducidos na peza. O fluxo informativo é correcto e hai unha narración con pleno sentido na que as infografías e o gráfico están ben fiados.


En canto a estes materiais, a infografía das tarxetas realizada en Flourish está perfectamente executada e funciona á perfección. Na segunda, a de Infogram, habería que facer algún mínimo axuste coa posición das imaxes (algunhas delas escapan un chisco dos recadros) e tamén sería interesante a introdución dalgunha clave que nos indicase que hai que pasar o rato sobre as fotografías para poder coñecer a información. No relativo ao gráfico realizado en Datawrapper, nada que comentar. Funciona perfectamente e…

Like
bottom of page