top of page

Variación da tasa de homicidios en España (2010-2020)

Nesta terceira práctica realicei unha comparativa entre a tasa de homicidios en España de 2010 e 2020. Unha década de diferenza que ven a mostrar a visible variación neste parámetro a nivel nacional, o que me permite articular unha peza coroplética que amosa as diferenzas.


Os datos saqueinos do INE, e poden verse neste enlace. Para representalos nunha táboa, limpeinos e convertinos nun Excell xa depurado para traspasar a Datawrapper.



Para chegar ata aquí, o maior problema foi a cantidade de datos que empregaba a táboa inicial. Por iso tiven que eliminar varias columnas e quedarme con tan só dúas para facer a comparativa. Unha vez trasladada a táboa a Datawrapper, obtei por esta serie porque parecíanme que estaban relacionadas co tema en cuestión. Relación que quixen manter unha vez creei o mapa.


Para simplificar, no mapa, escollín o ano 2020 para así reflectir os cambios que houbo e como está na actualidade o tema. Xurdiume coma problema a cuestión de si incluir ou non nomes das CCAA. Ó final non o fixen porque creo que as cores falan por si soas, e non vía coma posibilidade meter os de todas as comunidades ou simplemente uns cantos.


Outro inconvinte quizais é a case invisibilización de Ceyta e Melilla debido ó seu tamaño, pero iso é un problema xa interno.








1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
28 de nov. de 2021

O traballo cos datos é correcto, por aí non hai nada que comentar. Tampouco no relativo á presentación en termos visuais, xa que os tres elementos funcionan ben dentro do conxunto. Iso si, habería que revisar un par de cousas. En primeiro lugar o idioma de traballo nalgúns dos modelos, pois o mapa e a táboa seguen estando en inglés. Hai que fixarse nese punto sempre antes de pechar os materiais para que non pareza que quedou algo por facer.


A maiores, habería que facer un pequeno axuste no rango de cor do mapa. Ti fixas o mínimo en 0, o máximo en 2,38 e o centro en 0,6. Así, o centro da túa escala de cor está un pouco…

Curtir
bottom of page