Unha vista á cifra de suicidios en España nos anos 2005 e 2006
- solopepsibro
- 11 dic 2021
- 1 Min. de lectura
Para esta terceira práctica, busquei dar visibilidade aos datos de suicidios en España principalmente no ano 2006, aínda que para un dos elementos visuais tamén empreguei os datos do ano 2005. Trátase dunha estadística moi interesante, e foi unha mágoa que o INE deixara de recoller estos datos precisamente no 2006, porque sería aínda máis enriquecedor poder comparar estas cifras cas da actualidade, sobre todo despois da pandemia de covid-19, que foi gravísima a nivel de saúde mental en toda a sociedade.
Para o mapa e a gráfica, limpei os Excel iniciais e simplifiqueinos para ver os datos dunha forma máis intuitiva e sinxela.
Para a táboa, tamén realizei a tarefa de limpeza pero de forma diferente, engadindo a diferenciación entre varóns e mulleres para así outorgarlle algo máis de contido.
En termos xerais, os datos non supuxeron unha gran problemática para elaborar o traballo. Foron táboas bastante sinxelas de limpar, e en todo momento conseguín amosar os datos da forma que quería. As dúas únicas mágoas que tiven neste traballo foron os anos dos que tiña datos dos suicidios -xa que prefería realizar unha comparativa moito máis ampla- e a colocación dos títulos na táboa, xa que o título principal de cada dous columnas está demasiado orientado cara a dereita. Aínda así, estou bastante contento co resultado final.
En liñas xerais está moi ben traballado. Os datos están ben tratados e ben expostos e no terreo visual hai unha presentación clara tanto de xeito individual como en conxunto, xa que todo segue a mesma liña de estilo.
O único punto no que recomendaría unha certa revisión é na do nome e subtítulo destes materiais gráficos. Se te fixas, hai ideas repetidas nalgúns deles. "suicidios totais por comunidade no ano 2006" e "A división autonómica dos suicidios en España no 2006" son dúas formas de dicir exactamente o mesmo. Así, temos que tentar aproveitar este tipo de espazos para dar información extra ou mesmo para tentar captar a atención da audiencia. Despois tocará valorar en cada caso se é…