top of page

Un vistazo á asistencia dos europeos a eventos culturais

Para esta cuarta práctica do curso de infografía, decidín buscar datos sobre as tendencias na asistencia a eventos culturais nos diversos países europeos. Para isto, atopei todo o que precisaba en EuroStat, baseándome principalmente en dúas táboas que penso que se complementaban bastante ben, outorgando datos relacionados e relevantes sobre este tema.


As dúas táboas que empreguei nun principio foron as seguintes:




De estas dúas táboas saíron as que empreguei finalmente, despois dun proceso de limpeza bastante sinxelo:

Esta táboa, que consiste básicamente na primeira que introducin na entrada con só a columna dos datos de asistencia ao cine, foi a que empreguei para a visualización de xerarquía.

Un proceso similar foi o que levei a cabo para a visualización de dispersión. Neste caso, eliminei o resto de datos de asistencia, os cales daban un orden segundo as veces que asistira cada cidadán durante o ano, para quedarme tan só co dato da asistencia diaria.


Por último, para a derradeira visualización empreguei a táboa bruta cos datos de asistencia ao cine, a eventos en vivo e a lugares culturais.


As gráficas


Para este último caso, empreguei unha gráfica moi visual que amosa con máis intensidade de azul aos países onde máis se visitan estos determinados lugares. A única dificultade que presentou esta gráfica foi a necesidade de establecer uns intervalos que se correspondesen a cada cor, pero non resultou moi complicado. Ao final, penso que o resultado é satisfactorio.


A gráfica de xerarquía agrupa en zonas do continente aos distintos países da Unión Europea cando os datos foron publicados (2015), e dentro de cada rectángulo cada un toma o seu espazo correspondente, en función de se son mais ou menos grandes.


Para a representación de dispersión empreguei unha gráfica bastante grande, na que se representa con recadros a porcentaxe de poboación de cada país europeo que acode a actividades artísticas todos os días. Os recadros teñen escala segundo a porcentaxe que teñen, e levan unha cor que os diferencia tamén respecto ás rexións xeográficas ás que corresponden.


As tres gráficas teñen a mesma liña gráfica, que tenta semellar a algún tipo de representación oficial que podería emitir a propia UE. Todas teñen a mesma tipografía, as mesmas cores tanto nas representacións coma no fondo, e precisan a mesma anchura para funcionar coherentemente.


A continuación adxunto os resultados finais. Grazas!









1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 11, 2022

Ben traballado no terreo dos datos e ben traballado tamén no relativo á programación dos materiais.


Os tres funcionan correctamente e, a priori, non parece que haxa erros ou espazos coa sensación de erro ou mal funcionamento. Iso si, quedarían por pulir uns pequenos detalliños.


O primeiro deles podería ser o idioma do gráfico de dispersión. As etiquetas de cor da parte superior están en español e o resto do gráfico en galego. É importante manter unha liña común en todo o traballo para non trasladar a sensación de "copia-pega", pero bueno, iso é algo que se arranxa con facilidade.


Despois, de cara ao futuro, recoméndoche optar pola fórmula 1.000.000,00 como formato para os números, na que o punto divide…


Like
bottom of page