top of page

Un proxecto case insalvable



O Everton FC é un histórico do fútbol inglés con todas as letras. Ten nas súas vitrinas nove ligas e cinco copas, a fama de crear xogadores de gran calibre na súa canteira, como Wayne Rooney ou John Stones, e de ter nas súas filas a nomes tan grandes como os de Dixie Dean, Phil Neville, Tim Cahill, Marco Materazzi ou Tim Howard, e un gran récord, como é o de ser o equipo con máis tempadas na máxima competición do fútbol inglés, como é a Premier League.

Porén, non son anos bons os que pasa o conxunto toffee, que despois dun comezo de século moi prometedor, con xogadores de claibre e frecuentando competicións europeas, caeu na última década nunha espiral de fracasos, incógnitas e, sobre todo, de falta de identidade, que veu acompañada dunha mala xestión que fixo que o equipo pasara de ser un destino atractivo e seguro para os fútbolistas, a ser un simple trámite para grandes promesas e un equipo ideal para xogadores promedio que non buscan a comodidade dun equipo estable en canto a descensos, pero nada ambicioso, pola falta de calidade e dun gran proxecto, en canto a títulos.

Nesta tempada, pasado xa o ecuador da mesma e case rematado o mercado de fichaxes, o equipo atópase nas últimos trámites, segundo os medios internacionais, de firmar a Frank Lampard, lenda do Chelsea como xogador, onde o gañou case todo. En termos xerais, esta está a ser unha tempada pésima para o primerio equipo creado na gran cidade de Liverpool, que leva moitos anos a sombra do seu gran rival, que leva o nome da cidade. En canto á liga, o conxunto vese cada vez máis preto dun descenso que nos últimos anos non asomara a cabeza polo Goodison Park, nin sequera en forma de medo, como xa fai esta tempada, na que asusta aos afeccionados, uns dos máis esixentes e críticos de Inglaterra.

En canto ás copas domésticas, na Carabao Cup xa caeron eliminados, pasando por ela sen pena nen gloria. Pola súa parte, na FA Cup, copa máis importante do país, sendo ademais unha dos competicións mñais antigas do mundo, seguen vivos, tendo un duro enfrontamento ante o Brentford a vindeira semana. Aínda así, as posibilidades de gañalas agora mesmo son moi remotas, e ninguén espera ao Everton xa en semifinais, como para pensar en levantar o galardón.


Con este once incial, ao que aínda se poden sumar xogadores como Dele Ali ou Donny van de Beek, que soan para chegar como reforzos de peso, é coa que se terá que conformar para, en primeiro lugar, acadar a permanencia, que é obrigatoria para un equipo coa historia e co calibre do conxunto toffee.

A asignatura máis complexa do equipo a día de hoxe segue sendo a dos últimos once anos, a de conseguir un adestrador que dure no posto, e que leve ben ao equipo, e sobre todo que se leve ben coa directiva e cos donos da entidade, tarefa nada fácil nun conxunto que ten a fama de botar rápido aos inquilinos do seu banquiño.


Nesta gráfica cuberta con datos de Trasfermarkt evidéncianse as carencias dos últimos adestradores que habitaron en Goodison Park, todos con estancia curta salvo David Moyes que aguantou case unha década na que levou ao equipo a grandes postos, e á tan codiciada Champions League. A partir de aí, os resultados foron caendo a niveis cada vez máis alarmantes, coas excepcións de Marco Silva e de carlo Ancelotti, que destacaron algo máis, sendo Ancelotti ademais unha excepción porque se foi el polo seu propio pé ao Real Madrid, cando o club contaba con el para un proxecto a longo prazo que parecía prometedor.

O seguinte terá unha tarefa moi complexa, vendo como está o equipo actualmente, e vendo as opcións, non sendo ningunha delas experta en descensos, e sendo dous deles moi novatos no mundo dos banquillos, aínda que os máis notorios nas súas etapas como futbolístas.


Dos catro candidatos, hai que destacar que Duncan Ferguson xa está actualmente ao mando do equipo, en funcións, e non está conseguindo nin resultados nin rendemento, o que fai que sexa moi omplicada a súa elección. A Pereira os afeccionados nin o contemplan, factor moi importante tamén. Así só quedarían Lampard e Rooney. Este último está nun equipo, o Derby County, e ao parecer xa dixo que aínda non ñe o seu momento de dar o salto á Premier League. Polo tanto, o máis seguro é que Lampard, xa case por descarte, sexa o elixido.

Ábrense así as incógnitas. Cal será o posto final do Everton na taboa? A onde chegarán na FA Cup? Poderán conseguir unha boa xeira con Lampard e instaurar unha nova época co inglés aos mandos? Ningunha delas pode ser resolvida de inmediato, pero está claro que o Everton loitará polos seus obxectivos e volverá a ser o que lle corresponde, un dos grandes equipos do fútbol inglés e porque non, tamén mundial.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Feb 02, 2022

O relato da información e a súa construción son bos. Ademais, todas as partes da proposta serven como suma para o conxunto final. Porén, habería algo de oco para elementos como o hipertexto ou algún que outro destacado dentro dos parágrafos. Estes servirían tanto para ampliar a información como para obter as partes máis importantes desta.


En canto aos gráficos. Faltaría conectar o segundo dos gráficos coa liña visual marcada en azul (e que conecta coas cores distintivas do Everton). Porén, si que é certo que a elección desa liña nos outros dous materiais é moi acertada e funciona correctamente.


Dentro desta mesma idea, habería que buscar integrar un chisco máis os gráficos desa primeira infografía, pois as cores presentes…


Like
bottom of page