top of page

Un percorrido polos tesouros vivos da provincia de Lugo

Para esta segunda práctica quixen facer un percorrido por algunhas das árbores senlleiras que se atopan na provincia de Lugo a partir da catalogación da Xunta de Galicia. Como no meu caso as iconas ían ser todas iguais, quixen establecer as diferenzas entre as distintas variedades a través da cor dos símbolos. Para iso, busquei a cor exacta para cada unha das especies arbóreas mediante a ferramenta Adobe Color tomando como referencia unha imaxe da folla. Tamén empreguei un convertor en liña para que as fotografías tiveran o mesmo tamaño.


A principal dificultade foi intentar incorporar elementos máis aló dos puntos xeográficos que considero que eran os que máis se adaptaban á temática. Finalmente, o que fixen foi usar a ferramenta polígono para destacas zonas con formacións senlleiras e a liña para unir árbores da mesma especie. Por outra banda, supúxome unha certa complexidade atopar as coordenadas exactas de moitas variedades xa que só aparecían nunha guía elaborada pola Xunta e esta só contiña aquelas que levaban xa tempo categorizadas. Ademais, o proceso tamén se alongou porque tiven que usar un conversor de coordenadas.


En canto ás limitacións, como o límite eran 12 imaxes, non puiden acompañar cada un dos puntos do mapa cunha fotografía para se puidese visualizar cada especie.


Fontes:




1 commentaire


angelvizoso
angelvizoso
08 nov. 2021

Ben resolto no plano do contido. Había certo risco de meter demasiada literatura nalgunhas das tarxetas, mais consegues dar a medida xusta en cada unha delas. Ademais, o feito de levarnos a recursos visuais como vídeos de YouTube amplía moito o camiño deste mapa.


Ben organizado tamén na parte dereita a través do mapa, pois serve para crear unha experiencia única e particular para cada persoa. A cor está moi ben utilizada tamén, pois serve para entender que nos puntos sinalados con cada tonalidade hai elementos similares e, á súa vez, diferentes aos sinalados noutras. Dentro do que nos deixaba facer esta ferramenta hai que dicir que é un traballo moi completo.

J'aime
bottom of page