top of page

Un paseo polo Madrid de Almodóvar




Para realizar a segunda actividade optei por un mapa do centro de Madrid no que ubiquei algunhas das localizacións das películas máis coñecidas de Pedro Almodóvar. Para isto, a primeira decisión a tomar foi que filmes escoller, posto que era imposible reproducir as ubicacións de todas as películas. Non houbo ningún criterio específico, senón que escollín aquelas que tiñan varios puntos recoñecibles no centro de Madrid.


Cada unha desas ubicacións escollidas vai acompañada dunha pequena explicación. Ademais, as ubicacións dun mesmo filme van unidas entre elas. Aquí xoga un papel importante o uso das cores, xa que optei por escoller unha diferente para cada película co obxectivo de que fose fácil entendelo. As cores escollidas tratan de simular ese universo almodovariano das cores primarias. Nun primeiro momento, pensara en utilizar unicamente tons vermellos, a cor máis identificativa da meirande parte dos seus filmes, mais dese xeito era complicado diferenciar as películas. Por outra banda, escollín un fondo en ton blanco para que as cores resaltaran máis.



Unha das cousas máis complicadas foi o uso das iconas, posto que é bastante limitado e ao tratar de importar novas iconas atopábame coa imposibilidade de poñerlles cor. Polo tanto, primeiro o uso da cor, polo que as localizacións que son rúas ou prazas decidín deixalas coa icona predeterminada, xa que considerei que ningunha se achega máis.


Por últimpo, en canto ao uso das imaxes, dadas as limitacións da propia aplicación, optei por poñer como mínimo unha en cada filme. Tratei de que fose nas escenas máis recoñecibles, pero certo é que nas máis vellas primei que a calidade de imaxe fora a axeitada.








תגובה אחת


angelvizoso
angelvizoso
06 בנוב׳ 2021

Moi ben resolto. A nivel de contido está excelente, xa que este era un tema que podía levarnos a falar e falar de cada unha das localizacións, mais ti consegues dar a medida xusta en cada unha das tarxetas. Porén, si que é certo que para algúns dos elementos bótase en falta algo de hipertexto, algunha ligazón que nos permita descubrir en maior profundidade que hai detrás deses elementos.


No plano da organización, nada que dicir. Había ese reto de elementos moi xuntos (están en barrios próximos) pero que fan referencia a realidades (películas, neste caso) diferentes. Ti soluciónalo moi ben a través da cor e da organización do menú da dereita. Iso fai que algo que podería chegar a…

לייק
bottom of page