top of page

Un audiovisual español diverso?

Para esta primeira práctica decidín ocupar o papel do Observatorio de Diversidade nos Medios Audiovisuais (ODA), de recente creación para a vixianza da diversidade nos produtos audiovisuais españoles. O obxectivo era realizar unha síntese do seu primeiro informe, publicado a principios de ano, que analiza a produción de 2019. A pesar de que tamén recolle datos sobre a representación de personaxes racializados, centrei a infografía no relativo á comunidade LGTBI, pois a información era maior e máis facilmente adaptable.


Os principais problemas que tiven foron en relación á selección e a presentación dos datos. Decidín quedar coa cifra principal de cada unha das letras do colectivo e non desglosala por xénero ou segundo os personaxes aparezan en series e películas. A idea inicial era que o gráfico de burbullas, que agora está partido e divide cada unha das seccións, aparecese completo ao principio da infografía. Penso que deste xeito dálle outro aspecto á presentación.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 23, 2021

En liñas xerais está ben solucionada a complexidade que pode ter trasladar a unha infografía os datos dun informe. Moitas veces estes céntranse en diferentes aspectos ou partes dunha mesma realidade e corremos o risco de andar dando saltos dun lado para o outro cando tentamos resumilos.


A idea de facer bloques de contido é moi acertada e adoita resultar moi atractiva e efectiva dende o punto de vista do usuario. A elección das cores é acertada, pois conecta copa identidade visual da institución que promove o informe. Porén, se apostamos por poñer imaxes de fondo nestes bloques habería que apostar en todos eles, xa que o das personaxes gays queda sen imaxe de fondo, co cal parece que falta…


Like
bottom of page