top of page

Taylor Swift destapa a realidade da industria musical

Actualizado: 25 ene 2022

O caso de Taylor Swift pon na mesa a vulnerabilidade que sofren os artistas dentro da industria musical. Un dos rostros máis aclamados do pop ve como todos o seu traballo queda en mans dun dos produtores máis polémicos da industria musical

Taylor Swift mentres interpretaba All Too Well / Vía: Showbiz Cheat Sheet


Taylor Swift sempre foi un dos rostros máis aclamados do espectro musical mainstream. Con cada un dos seus lanzamentos, conseguía ser o foco de atención dos medios -moitas veces como centro de críticas por mor do seu historial amoroso- chegando a facer tambalaer as listas de éxitos durante semanas.


Agora, a cantante norteamericana sacudiu os piares da industria musical e, esta vez, non estamos a falar de récords insólitos en canto ás cifras de streaming. Co seu anuncio das regravacións a artista demostrou as súas capacidades dentro dunha industria que amosouse agresiva con ela. Unha industria que tentou cualificala como unha chica dócil e enamoradiza. Mais, Swift demostrou estar por riba destas circunstancias, destapando a súa faceta máis guerreira, sacando as garras cando era preciso para protexer e defender o que é seu. O pasado 2021, con 31 anos, conseguiu o imposible: poñer en xaque ás compañías discográficas ao regravar os seus primeiros discos, algo que provocou que as majors estean a modificar os seus contratos para impedir perdas millonarias de cara a outros artistas que poidan seguir os seus pasos.


Toda esta loita, que verdadeiramente non era máis ca un contra-ataque, comezou en 2018 cando a primeira compañía de discos de Taylor Swift, Big Machine Records, foi absorbida por Ithaca Holdings, a compañía do empresario Scooter Braun, manager de Justin Bieber, Ariana Grande e Demi Lovato entre outros moitos artistas de renome. Desta forma, a cantante viu como todo o seu catálogo das súas cancións pasaba a mans de alguén alleo á súa carreira nunha metra transacción empresarial contra a que non podía facer nada.


Considerando que os dereitos dos grandes éxitos de Swift ían xerar beneficios millonarios aos seus novos propietarios, a artista sentiuse vulnerada e fixo pública a situación a través das súas redes, poñendo en coñecemento de todo o mundo a parte máis escura da engrenaxe das discográficas. Amosando que por un contrato mal negociado, todo o teu traballo pode pertencer a outra persoa. Xa que, esta compra significou que todo o material discográfico que Taylor fixo nesa disquera (froito dunha década de traballo) agora pertencencíalle a Scott Braun, quen pode facer con todo ese material, practicamente o que el desexe. Cómpre engadir, que dadas as circunstancia, o feito de que precisamente Braun fose o propietario era algo especialmente doloroso tendo en conta o pasado de ámbolos dous.




Oligopolio discográfico


O primeiro paso para achar un camiño intermedio ante esta transacción económica onde había horas e horas de traballo creativo foi tentar que a cantautora regresase a esa disquera, pero cunha dura condición: cada vez que publicase un álbum aferrada a esta discográfica recuperaría un dos anteriores. Un ciclo sin fin, onde nunca sería propietaria do seu esforzo e traballo.


Así foi que con medo de que todo o seu material discográfico futuro podería correr o mesmo risco, decidiu non asinar nada e quedar co seu actual disquera, Republic Records. Non obstante, pasaron dous anos desde que se asinase ese contrato para que Taylor Swift leva a cabo a súa estratexia máis intelixente: regravar os seus primeiros discos e sacalos á venda, animando aos seus millóns de fans a que comprasen eses novos no canto dos anteriores. E a xogada non lle puido saír mellor.


A súa estratexia foi fortemente aplaudida por importantes sectores vinculados á industria musical como é o caso da Music Artists Coalition que aseguraban que Taylor está a predicar co exemplo: “demostra aos fans e aos artistas que é posible ter o control do seu propio futuro”.


Paralelamente, as grandes majors xa están comezando a modificar os seus contratos e dobrar o tempo en que os dereitos das cancións perténcenlles para frear estas potenciais regravacións futuras. As restricións contractuais son unha práctica habitual neste sector, argumentando que ese tempo en que os artistas pertencen atados ás discográficas é a cambio do investimento que estas fan para lanzalos ao éxito, incluíndose o risco da aposta, a distribución e promoción, ademais dos custos de gravación.


O caso de Swift puxo en manifesto a irregular situación que impera no sector. Un sector gobernado por un par de grandes empresas onde as cancións, os álbumes e os artistas pasan a ser simples elementos nesta complicada e extensa cadea de produción económica, onde a arte queda relagada a un segundo plano.




Redes sociais: cambio no paradigma


O auxe das redes sociais, converteuse nun reseteo cultural en todos os sentidos habidos e por haber e, coa industria musical non podería ser distinto. Neste sector cultural, a influencia da internet e as redes sociais implicou un importante cambio de estratexia comercial. Anos atrás, antes da eclosión e o auxe da internet, máis do 70 % dos beneficios da industria musical proviñan da venda de discos e vinilos, e o resto viñan directamente dos concertos e actuacións dos artistas.


Con todo, todo cambiou moitísimo nos últimos anos e grazas á democratización das ferramentas de produción e as canles de exhibición, especialmente co rol das redes sociais, un artista non necesita expresamente que unha discográfica aposte por el para lanzar a súa música. E iso, obviamente, asusta ás empresas que ata o de agora basaron a súa actividade en abusivos contratos.


A día de hoxe, o sector deu un xiro de 180º. Grazas ao uso das redes, a maioría das vendas e beneficios proceden directamente das vendas dixitais, ficando practicamente no olvido á venda en formato físico, algo que queda resgardado pra os coleccionistas.


Ademais, agora os artistas tamén realizan as súas promocións a través das redes sociais, interactuando cos seus seguidores, e chegando a todos os confíns do planeta sen necesidade de levar a cabo una gran inversión.


Deste xeito, temos comprobado como nos últimos anos cantantes saídos da ‘nada’ conseguían colar un dos seus hits nas listas de éxitos, superando amplamente a grandes artistas consolidados. Tal foi o caso de GAYLE, unha cantante de tan só 17 anos que tras facerse viral en Tiktok, conseguiu publicar ABCDEFU, unha canción que roza os 300 millóns de reproducións en Spotify e que, meses despois do seu lanzamento sigue na cima das cancións más reproducidas a nivel mundial. No panorama español, tamén contamos con casos igual de sonados como o de Leo Rizzi coas súas Amapolas, coroándose como un dos grandes lanzamentos en español do pasado 2021.




Sen dúbida, o auxe das redes sociais e a rápida evolución das tecnoloxías consiguen cambiar o paradigma dun momento a outro polo que non resulta sinxelo facer predicións de futuro, mais, o que está claro baixo esta situación é que Internet é un verdadeiro escaparate para o novo talento, amosando que non se agocha (únicamente) detrás das grandes firmas discográficas.


Asemade, a democratización da música a través da rede, atribuíndolle directamente o poder de decisión á audiencia, convértese no sistema ideal para plantarlle cara ó oligopolio das grandes e poderosas discográficas.



Fontes consultadas:

SpotifyCharts

SoundCharts

Pitchfork

Spotify For The Record


1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
29 ene 2022

Hai moi pouquiño que dicir, pois o fío da peza é moi bo e todas as partes que entran a formar parte da estrutura proposta serven para sumar á hora de entender a información.


Os materiais de infografía e visualización están ben resoltos tamén. Son claros e pertinentes para o tipo de información e o tipo de datos que buscas presentar con eles. Porén, habería oco para facer revisión en tres puntos.


Na infografía de Piktochart habería que revisar esas liñas que apoian a cronoloxía nas marxes. Por un lado, habería que aumentar o contraste entre a cor do fondo e a cor das liñas brancas (buscando outra cor). Por outra parte, nestes casos funciona mellor que cada unha das…


Me gusta
bottom of page