top of page

Situación do paro xuvenil en España e Europa

Nesta práctica con Flourish decanteime pola temática do paro xuvenil, tanto en España como na Unión Europea. Para conseguir os datos acudín ao INE e a Eurostat. No caso de España, descargei os datos dos tres trimestres por comunidades e sexos e no da UE, de novo os tres trimestres nos países correspondentes asi como os datos dividos por sexos quedando en total cerca de 12 táboas (no caso da UE puiden descargar unha única táboa con datos de todos os anos). No caso da UE en moitos países tiven que facer a media trimestral, xa que Eurostat proporcionaba datos mensuais en lugar de trimestrais, como fai o INE. Finalmente despois de facer as contas agrupei todos os datos na seguinte táboa:




En canto tiven os datos nun único arquivo xa puiden empezar con Flourish. O primeiro foi o Scatter:


Para este traballo utilicei soamente os datos do último trimestre. No traballo decidín emplear a grella para que o usuario situe mellor os puntos, asi como cores máis escuros que se diferencien ben no fondo branco. Tanto aquí como no resto de traballos cambiei a tipografía posto que esta parecíame máis limpa.


A continuación seguín co traballo de xerarquía, onde mostro o paro xuvenil divido por sexos nas distintas comunidades autónomas:


Decanteime pola xerarquía tipo "sunburst" posto que dunha ollada o usuario pode ver as comunidades con máis paro e que sexos sufren máis desemprego. Para facer a xerarquía tiven moitos problemas, maiormente porque os meus datos son en porcentaxes, polo que construilo foi difícil. Non había maneira de evitar que Flourish os sumara (algo que non se pode facer posto que son porcentaxes distintos).


Finalmente decanteime por sacar os popups, desta forma aínda que teóricamente os suma, o usuario non ve ese dato inexacto, resultado desa suma das porcentaxes por sexos que daría a porcentaxe total de paro da comunidade autónoma, simplemente quedase ca idea, de forma visual, de que comunidade ten máis paro (a orde das comunidades con máis paro coincide cos datos, aínda que Flourish sume as porcentaxes, a orde e a cantidade de cadriño asignada a cada comunidade corresponde ca realidade) así como que sexo sufre máis desemprego e dentro de cada sexo, si que pode ver o dato exacto ao facer click.


Tamén tiven outros problemas, por exemplo, aínda que na pestana "number of formatting" en suffix puxen "%" (posto que as cifras son porcentaxes), non aparece. Para arreglalo especifiqueino abaixo. Tamén gustaríame engadir algunha lenda ou nota extra pero non o permite.


Para rematar fixen o último traballo de "line chart race", cos 10 países que teñen máis paro xuvenil na Unión Europea:


Para este traballo decanteime de novo polo negro sobre branco, a excepción das liñas dos eixes, xa que ao ter cada país unha cor distinta non quedaba ben se todas as liñas do eixe eran negras. A cor do texto dos países é a mesma ca da súa liña para que houbera unidade. Tamén habilitei a opción para que se vexa a variación por mes aínda que o país non cambie de posto, algo que se nota na versión "por posición" con Croacia, xa que mantense de sexta pero o paro variou nalguns meses.





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 29, 2021

Os tres materiais están ben traballados no terreo do traballo e a presentación dos datos e tamén no que respecta á programación dos materiais. Non se aprecian erros de programación ou puntos mortos, polo que a experiencia con eles é boa.


Como nexo común aos tres só comentar que a fórmula preferida para a presentación dos decimais tanto en español como en galego é a coma. Así, cando sexa posible é mellor optar por esta fórmula, pois para nós o punto significa outra cousa (divisor para os milleiros, os millóns, etc.). Deste xeito buscamos conectar con aquilo que a nosa audiencia ten xa asumido e facilitamos a consulta dos datos.


Outro punto no que habería que fixarse un chisco é…


Like
bottom of page