top of page

Seis lugares imprescindibles en Lugo

Para a primeira práctica, decidín realizar unha infografía que informase sobre aqueles lugares de interese para as persoas que decidan visitar a cidade de Lugo, que consta dun patrimonio cultural e artístico moi destacable. Está enfocada en seis lugares considerados de visita obrigada na cidade amurallada, ademais de indicar a súa localización a través de ligazóns nas iconas.


Pretende ser unha infografía moi visual, que suscite o interese do visitante e para que tamén poida aprender un pouco máis sobre a historia da capital lucense, ademais de permitirlle localizar os diferentes lugares e monumentos dunha maneira fácil e rápida.


Algúns dos problemas aos que me tiven que enfrontar na súa realización foi a escolla dos lugares e a síntese da información a destacar de cada un deles, xa que non pretendía cargar a infografía con moitos datos. Por outra banda, a escolla das fotografías tamén me resultou un problema en certos casos, xa que dalgúns monumentos non abundan as fotografías de boa calidade na rede.





1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
27 de out. de 2021

Pois realmente non hai moito que dicir, porque con este traballo logras exprimir ao máximo as opcións (limitadas, como sabemos) que nos dá Piktochart dun xeito moi claro e eficiente.


Había o risco de caer no uso de demasiado texto e consegues libralo perfectamente. Ademais, os destacados que empregas axudan a quedarnos coa idea inicial de cada un dos recunchos dos que falas, o que se ve ampliado a través do hipertexto nalgúns casos e de mandarnos a Google Maps para que marquemos ese lugar se nos interesa visitalo.


En termos de estrutura, cores e obxectos empregados, máis do mesmo. Todo funciona ben de xeito individual (nos bloques que conforman cada un dos espazos a visitar) e tamén no conxunto.


Curtir
bottom of page